Dende o 27 de marzo o alumnado do noso centro estivo a
participar nunha nova edición do álbum bilingüe que este ano ten como temática
As Fragas do Eume, xa que no noso centro este curso estamos a desenvolver un
proxecto sobre elas.
A elaboración do álbum ten como obxectivo fundamental
fomentar o uso da lingua galega e inglesa no noso centro.
En Educación Infantil elabórase un único album xigante
entre todo o alumnado da etapa coa axuda da mestra especialista en inglés
mentres que en primaria cada clase se divide en varios equipos, cada un co seu
álbum. Para poder completar o álbum van pegando os cromos que lles van dando os
mestres e escreben a palabra que falta ben sexa en galego ou en inglés (para
iso deben fixarse nas imaxes que están colgadas no corredor).
Esta actividade favorece o traballo en equipo. As
vantaxes de traballar en equipo son moitas:
Favorece o traballo colaborativo.
Mellora a comunicación.
Axuda a motivarnos.
Complementa habilidades.
Ofrece oportunidades.
Xuntos somos máis creativos.
Hoxe, como remate da actividade, entregáronse os premios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario