A comezos do semestre o alumnado de sexto, acompañado polos seus mestres, visitou a fraga do Eume, centrando a súa atención no río. Observaron nos muiños do Sesín, afluente do Eume, o aproveitamento tradicional da forza das augas para mover as moas dos muiños e moer o cereal.
Co paso do tempo a forza do Eume pasou de utilizarse para facer fariña a producir electricidade: o encoro, a central, as turbinas...Todo lles interesou a esta rapazada de 6º B que levaron a actividade á aula e ás casas.
Logo de estudar a electricidade fixeron maquetas e xogos con circuitos elétricos que estos días están a amosar aos outros cursos.
Maquetas do encoro e da da minicentral e xogos de asociación con seres vivos da fraga enchen o corredor de primaria para que enreden e aprendan todos os que por alí pasan.
Noraboa, traballo ben feito!
No hay comentarios:
Publicar un comentario