miércoles, 24 de mayo de 2017

PDI Parc Naturel Fragas do Eume

Dentro do Proxecto Documental Integrado que se está a desenvolver en todo o centro durante este curso, o alumnado de francés tivo como eixo da súa actividade dous aspectos significativos: os contidos propios do Parque Natural das Fragas do Eume e a técnica de Realidade Aumentada.

O proceso desenvolveuse en tres fases.

O primeiro contacto cunha actividade de realidade aumentada estivo relacionado coa festividade de "Pâques".  Sorprendidos quedaron cando viron que os debuxos que colorearan, e que serviran como base para a creación de textos en francés, tomaban vida cando os miraban coas tablets. Para esta fase utilizamos a aplicación Quiver.

Unha segunda fase consistíu en facer actividades con vocabulario das Fragas. O alumnado de 5º e 6º creou códigos QR que iban asociados a descripcións ou sinxelos  textos informativos en francés que eles redactaran previamente. O alumnado de  francés de 6º buscou información sobre as Fragas do Eume. Con eses textos fixemos un vídeo.
A información deste vídeo complementada con outros aspectos, tales como os sons de varios animais (ou dun río) que eles escolleran  e a información do parque en varios idiomas, valeu para que, mediante os códigos QR que eles crearon co programa QR Code Generator puidesen enriquecer con realidade aumentada un enorme  mapa-mural que fixeran cos seus compañeiros e compañeiras de clase.

Finalmente fixemos unha comprobación para saber si todo funcionaba correctamente. O resultado foi extraordinario e divertido.

Aquí podedes ver algo de cada fase...
















No hay comentarios: