O luns, nenas e nenos de terceiro, que están a investigar sobre os animais invertebrados do noso bosque autóctono, achegáronse ao Portal das Fragas en Ombre, Pontedeume. Alí despois de ver un video explicativo sobre a flora e a fauna, partiron cara a Alameda onde comezou a súa ruta de sendeirismo: Cruzaron a ponte colgante e internáronse no bosque onde atoparon curripas e aprenderon a identificar pegadas e outros rastros de animais. Ademais aprenderon a identificar árbores.
O xoves, o alumnado de sexto, tamén visitou a Fraga do Eume. Eles entraron polo Concello da Capela. Tiñan uns obxectivos diferentes. Están a estudar a orografía e concellos do Parque Natural e a explotación das augas.
Visitaron os Muiños do Sesín, afluente do Eume. Onde Secundino, que foi moitos anos mestre do colexio da Capela, contoulles como se aproveitaba tradicionalmente a forza das augas para realizar diferentes tarefas.
Tamén fixeron unha ruta , con vistas aos diferentes concellos do parque, para observar a orografía das fragas. Foilles comentando todo o que vían ao seu paso, un guía das Fragas.
O noso agradecemento coma sempre aos traballadores do Parque e nesta saída grazas, especialmente a Secundino, pola guía e polo seu labor de recuperación e conservación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario