Durante
o pasado mes de marzo houbo dúas datas sinaladas para a cultura e para o idioma. O 21 de marzo foi o Día
Mundial da Poesía, e o 27 celebrouse o
Día Mundial do Teatro.
Dende
a biblioteca o pasado ano organizouse o Día da Poesía. Lembrades a Manuel Mª?
Recordades que fomos polas rúas recitando os seus versos?
Este
curso , ao ser Carlos Casares o autor ao que se lle adican As Letras Galegas,
decidimos festexar o Día do Teatro, pois Casares escribiu para nós máis
teatro que poesía .
O
alumnado de 1º, 4º e 5º de primaria estiveron moi atarefados, prepararon tres pezas
teatrais.
Comezamos cos de 5º pois representaron unha obra de Carlos Casares “As
laranxas máis laranxas de todas as laranxas”
Os
máis pequenos de primaria contáronos como con se fai “A mellor sopa do mundo”.
Co
seu traballo, amósannos o valor das pequenas cousas e, sobre todo, da amizade.
Para
rematar coas obras teatrais o alumnado de 4ºA preparou “A estatua”. Fálannos
dunha escultura moi peculiar que vive dentro dun xardín por onde pasea moita
xente.
Moitas grazas ao noso público, tan entusiasta como respectuoso.
Güino aproveitou que estabamos familias, mestres e mestras e alumnado para a
convocatoria do IX Certame de Poesía "Couceiro Freijomil"
Botádelle un ollo á súa mensaxe!!
Felices vacacións !!!
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario