CLUB DE LECTURA

viernes, 7 de abril de 2017

SAÍDAS DIDÁCTICAS POLA FRAGA DO EUME

Dentro do proxecto que estamos a desenvolver no colexio, o alumnado de 3º e 6º de Primaria, aproveitando o bo tempo desta semana, fixeron as súas saídas didácticas pola Fraga do Eume.


O luns, nenas e nenos de terceiro, que están a investigar sobre os animais invertebrados do noso bosque autóctono, achegáronse ao Portal das Fragas en Ombre, Pontedeume. Alí despois de ver un video explicativo sobre a flora e a fauna, partiron cara a Alameda onde comezou a súa ruta de sendeirismo: Cruzaron a ponte colgante e internáronse no bosque onde atoparon curripas e aprenderon a identificar pegadas e outros rastros de animais. Ademais aprenderon a identificar árbores.











O xoves, o alumnado de sexto, tamén visitou a Fraga do Eume. Eles entraron polo Concello da Capela. Tiñan uns obxectivos diferentes. Están a estudar a orografía e concellos do Parque Natural e a explotación das augas.


Visitaron os Muiños do Sesín, afluente do Eume. Onde Secundino, que foi moitos anos mestre do colexio da Capela, contoulles como se aproveitaba tradicionalmente a forza das augas para realizar diferentes tarefas.
Tamén fixeron unha ruta , con  vistas aos diferentes concellos do parque,  para observar a orografía das fragas. Foilles comentando todo o que vían ao seu paso, un guía das Fragas.



















O noso agradecemento coma sempre aos traballadores do Parque e nesta saída grazas, especialmente  a Secundino, pola guía e polo seu labor de recuperación e conservación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario