Co comezo do curso non queremos, nen podemos, deixar escapar a boa nova do PREMIO MERLÍN deste ano.
A nosa felicitación a un gañador moi especial para nós, pois trátase do escritor eumés ANTONIO MANUEL FRAGA ALLEGUE e a súa obra O CASTAÑEIRO DE ABRIL.
Tamén deixar constancia da publicación por parte do novo selo editorial SUSHI BOOKS doutro libro de ANTONIO, o que leva por título XILDAS cuxo argumento trancurre nunha pequena vila cun río que desemboca no mar inspirada, como non, en PONTEDEUME e as vivencias da infancia do escritor en NOGUEIROSA.
Axiña poderemos ler as aventuras de Catuxa e a súa panda que atopan un trasno e ....
Este curso imos ler, comentar, compartir,... estes dous libros no CLUB DE LECTURA.
Agardamos verte axiña pola nosa biblioteca. Parabéns, Antonio...!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario