O acto que se celebrou na Casa da Cultura contou coa participación, ademais do escritor, de Antonio Seijas (ilustrador do libro), Gabriel Torrente (alcalde de Pontedeume) e de Manuel Bragado (director de Xerais).
O acto organizado polo CONCELLO DE PONTEDEUME, foi un acto entrañabe e coa sala chea de público que lle mostrou un merecido cariño e admiración a este xoven escritor EUMÉS.
Participou tamén o ilustrador Antonio Seijas que, pese á súa xuventunde, conta xa cun amplo camiño perecorrido no campo da ilustración e outras facetas artísticas.
Desde a nosa biblioteca sumános aos múltiples parabéns recibidos por Antonio e esperamos telos pronto, ambolosdous, no noso "XARDÍN DO PASATEMPO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario