Hai unhas semanas estivo aberta a toda a comunidade educativa do centro a exposición itinerante que leva por título O HUMOR E OS DEREITOS DA INFANCIA facilitada polo MUSEO DO HUMOR DE FENE. É unha exposición de humor gráfico na que se inclúe unha selección de debuxos de diferentes ilustradores/as de todo o mundo. Entre os artistas que expoñen salientan nomes como Salas, Pinto&Chinto, Quico, Tonisavski, Martirena, malagón, Harca, Ermengol, Elena ospina ou Ronaldo. o obxectivo da mostra é facer reflexionar á sociedade sobre un tema tan importante como son os dereitos dos nenos/as pero en clave de humor. O alumnado visitouna acompañado dos seus titores realizando traballos de investigación que anotaron nun caderno que se lles facilitou elaborado polo EQUIPO DE BIBLIOTECA coa colaboración de O RECANTO DE MIK do IES DE FENE. A exposición tivo moito éxito, non só entre o alumnado, senón tamén entre as familias e outros visitantes da vila pois foi anunciada en diferentes lugares públicos como a BIBLIOTECA MUNICIPAL.
No hay comentarios:
Publicar un comentario