O vindiro xoves 21 de febreiro teremos no Couceiro ao editor, poeta, narrador, traductor e crítico EMILIO PASCUAL MARTÍN autor de libros como DÍAS DE REYES MAGOS, premio LAZARILLO de literatura xuvenil (1998) e PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL (2000).
Acudirá ao noso centro non para estar con todos vós, como é o habitual cando nos visitan os diferentes escritores e ilustradores que pasan polo colexio, senón para impartir unha conferencia a un amplo grupo de mestres da zona de FERROLTERRA. O título da conferencia será "BIBLIOTECAS. RESERVAS PARA EL INVIERNO DEL ESPÍRITU" e forma parte das XORNADAS DE LECTURA LITERARIA. BIBLIOTECAS ESCOLARES PARA LECTORES DO SÉCULO XXI organizadas polo CFR (Centro de Formación e Recursos) de FERROL. Esperemos que algún día poida estar con todos vós. Publicamos tamén o traballo realizado pola biblioteca FESQUÍO con motivo da visita realizada por EMILIO PASCUAL o pasado ano ao IES FERNANDO ESQUÍO DE NEDA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario