Desde a biblioteca queremos compartir distintos documentos para que nas aulas poidades achegarvos máis á figura desta escritora e poeta galega, figura indispensable da literatura española. Atoparedes un documento para poder facer individualmente ou en equipo
Se queres saber máis sobre esta autora preme nas imaxes.
A ROSALÍA
Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!
A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu…
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!
Manuel Curros Enríquez
No hay comentarios:
Publicar un comentario