miércoles, 2 de noviembre de 2022

OS XORNAIS VOLVEN ÁS AULAS DO CEIP COUCEIRO FREIJOMIL

 

Un curso máis participamos no programa "Prensa- Escuela" da Voz de Galicia.



Traballar o xornal na aula permítenos a nós docentes e a vós alumnos e alumnas coñecer as cousas que suceden ao noso redor e tamén estar informados. É unha ferramenta moi importante para desenvolver en todos nós o sentido crítico. Segundo Bacon "O pensamento crítico é ter o desexo de buscar, a paciencia para dubidar, a afección de meditar, a lentitude para afirmar, a disposición para considerar, o coidado para poñer en orde e o odio por todo tipo de impostura". Desde unha perspectiva máis moderna, o pensamento crítico enténdese como a capacidade de analizar e avaliar a consistencia dos razoamentos, en especial, daquelas afirmacións que a sociedade acepta como verdadeiras no contexto da vida cotiá, como as fake news, especialmente relevantes na actualidade pola súa proliferación e rápida viralización.

Os xornais foron e son un medio de comunicación moi importante desde a súa aparición. Na actualidade compiten con outras formas de comunicación como poden ser as redes sociais, a televisión... Con todo, a prensa escrita segue ofrecendo oportunidades para estar informados que outros medios non poden proporcionar. Tendo en conta todas estas cuestións consideramos que poder traballar có Xornal na aula pode contribuír a mellorar an nosas competencias lingüísticas.

Para saber máis podedes premer nos seguintes ligazóns.

SECCIÓNS DUN XORNAL

PRENSA DIXITAL

CARACTERÍSTICAS DA NOTICIA I

CARACTERÍSTICAS DA NOTICIA II

No hay comentarios: