lunes, 30 de mayo de 2022

XORNAL NA ESCOLA

Un ano máis o CEIP Couceiro Freijomil participa no programa Prensa-Escuela da Voz de Galicia. É unha aposta de La Voz de Galicia para que o xornal chegue á escola e se converta nun elemento pedagógico no proceso de aprendizaxe dos alumnos. O obxectivo do programa, que desenvolve a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, é axudar aos escolares a desenvolver o seu sentido crítico a través da prensa, ofrecerlles un libro de texto sempre actualizado e, de forma complementaria, fomentar o uso das novas tecnoloxías nas aulas. Ademáis o programa pon a disposición da comunidade escolar o suplemento La Voz de la Escuela, cursos para profesores, concursos e numerosas propostas didácticas que poden seguirse a diario a través de web.

O obxectivo deste programa e favorecer que o alumnado sexa capaz de usar a prensa como un recurso didáctico de cara a desenvolver as súas actitudes e destrezas persoais. Que aprendan a ler a prensa, a expresar libremente a súa opinión, a debater en grupo e a desenvolver o seu sentido crítico.

Consideramos que é importante que o noso alumnado tome conciencia da importancia da información na súa educación como cidadáns que forman parte dunha sociedade plural e democrática.

Este curso desenvolvimos diferentes actividades, como por exemplo:

Seleccionamos a noticia que a máis alumnos e alumnas lle chamou a atención do xornal.

Seleccionamos a noticia que queremos recoller na nosa Hemeroteca. Esta actividade levóunos a buscar que é unha hemeroteca, onde a podemos atopar...





No hay comentarios: