miércoles, 24 de febrero de 2021

DÍA DE ROSALÍA



 Hoxe celebramos o Día de Rosalía, unha referencia  da literatura galega. Tal día como hoxe, un 24 de febreiro de 1837, nacía en Santiago de Compostela esta importantísima figura que segue marcando profundamente a nosa cultura.

O "Couceiro Freijomil" únese á homenaxe que lle fai toda Galicia cuns marcapáxinas elaborados polo alumnado do centro.  Seguindo a suxestión do E.D.L.G.,cada nena e cada neno  seleccionou uns versos da autora para copialos nunha cara do marcapáxinas, reservando  a outra parte as ilustracións que fan referencia á figura da escritora.






Dentro do PDI "Pontedeume, a nosa vila"  estamos a traballar a nosa localidade, a súa historia, orografía, economía, tradicións...

Desta volta fixámonos na economía; aproveitando os versos de Rosalía de Castro queremos ofrecer todo o noso apoio aos comerciantes eumeses dadas as dificultades que están a pasar ante as restricións debidas á  pandemia.

Hoxe o comercio eumés agasalla á clientela cos marcapáxinas do Día de Rosalía do noso colexio. 




                                                       




Feliz Día de Rosalía!

No hay comentarios: