Axiña abriremos a nosa biblioteca. Dun xeito diferente en canto tempos e espazos: Estes serán os asentos que poderedes usar sen cambialos de lugar. O profesorado achegaravos os libros que indiquedes dos andeis correspondentes.
Tamén temos nova sinalización elaborada dentro do PDI do curso pasado e que polas circunstancias do curso pasado non puideramos colocar nos nosos andeis. Son indicacións con pictogramas. ARASAAC é un Sistema Aumentativo e Alternativo de Comunicación ( SAAC) baseado no uso de pictogramas que facilitan a comunicación ás persoas que teñen dificultades neste ámbito por distintos factores (diversidade funcional, descoñecemento do idioma, traumatismos e dexeneración cognitiva).
Co novo protocolo COVID, extremando precaucións; pero atopando, como sempre, no "Xardín do Pasatempo" un espazo para achegarnos a mil e un mundo, para o xurdimento de ideas, para deixar voar a nosa imaxinación, para a aprendizaxe individual e colectiva, para a pescuda, para a conversa, para...
Temos o protocolo ás portas da biblioteca pero deixámolo aquí tamén para que o teñades sempre presente.
Gúino xa visitou todas as aulas deixándonos a súa primeira mensaxe deste curso, ademais de falarnos da apertura da "biblio" anímanos a iniciar unha nova viaxe cun proxecto de investigación para este curso: "Pontedeume, a nosa vila".
Agora que cada grupo coñece o reto para o seu ciclo, xa nos podemos poñer a explorar e compartir os nosos achados cos outros grupos principalmente de xeito dixital, acorde coa nova normalidade.
Agardamos que os productos finais deste PDI podan expoñerse a fin de curso na biblioteca a toda a Comunidade Educativa, de xeito real (con actos de presentación, nos nosos andeis, paneis expositores...) ou virtual ( Páxina Web, Facebook, Aulas Virtuais, Blogs, etc.).
Ollade as cartas de Güino levou o xoves a todas as aulas:
E aquí nesta videomontaxe veredes a Güino, o garda da nosa biblioteca nas clases con tod@s nós.
Xa podedes coller empréstitos da nosa biblioteca e axiña publicaremos a documentación do PDI, mais aproveitade o bo tempo para explorar a nosa vila coa compaña das vosas mestras e mestres como 1º acercamento á realidade para desenvolver o reto que este ano nos mandou Güino. Xa temos preparadas diferentes excursións!!!
Ánimo, rapazada do Couceiro!
No hay comentarios:
Publicar un comentario