Achégase o fin de curso e o Couceiro e un fervedoiro de actividade:
- Vimos de ver a fabulosa posta en escea da Compañía de Ópera "Purpurina" da súa 1ª representación Que non sexa a derradeira!. O alumnado de 6º de E. I. tivo un curso ben intenso que lle deu para formar unha compañía con todas os oficios que esta implica, escribir e representar a súa 1º ópera ¨"Coidar todo". A pasada semana, expuxeron as tarefas realizadas ao longo do curso e tiveron sesión dobre, para os compañeiros de Infantil e Primaria e para as familias. Parabéns a todo o alumnado e profesorado implicado en tan formidable tarefa!
- O alumnado de Lingua Estranxeira, Francés, envíanos unha das tarefas realizadas dentro do PDI "Bo Proveito", comezaro o curso co "Receitario de Outono" facendo "Gáteau à la crèma de marrons" ( Torta de Castañas) e rematan tamén cociñando "Tarta Tatín". Ollade que boa pinta!
- En 1º e 2º de Primaria xa ten o produto final do seu traballo dentro do PDI "Bo Proveito" preparado para expoñer a vindeira semana a toda a Comunidade Educativa. A partires do martes estarán os traballos máis representativos de todo o cole na entrada do cole para así todos e todas enterarnos de como se desenvolveu o proxecto en cada aula. O 19 é a xornada de portas abertas do PDI "Bo Proveito" para as familias.
- Hoxe á mañá na Hora de Ler comezamos apreparación dunha das últimas e máis festivas datas cara fin de curso: O "Concurso de Castelos de Area". A semana que vén nenos e nenas dende 4º de E.I. ata 6º de Primaria visitarán o Areal da Madalena en Cabanas para, logo de unha sesión de xogos populares no piñeiral, facer castelos en grupo (16 compoñentes por grupo, de todas as idades dende 4 ata 12 anos). Pero hoxe a quedada foi para acordar as ferramentas e deseños que van realizar o luns ou xoves da semana seguinte, dependendo da climatoloxía. Aquí vedes algúns grupos planificando!
No hay comentarios:
Publicar un comentario