lunes, 22 de octubre de 2018

Día da Biblioteca




Desde outubro de 2008, a Consellería de Educación edita un cartel específico para celebrar este Día da Biblioteca tamén nas Bibliotecas Escolares, cun lema para dar a coñecer e difundir as múltiples oportunidades que ofrece unha biblioteca escolar activa, e que este ano foi interpretado pola ilustradora Nuria Díaz. 

A poesía está por todas partes, o que importa é explorar para descubrila. A biblioteca escolar é un lugar privilexiado para estimular esa mirada que xogue a descubrir a poesía que se agocha nas paisaxes, na música, no cine, nunha noite estrelada, no baile do vento na herba, nos seres minúsculos que só podemos ver a través do microscopio, nesa música que engaiola, na palabra dos poetas, na tradición oral, nun texto que nos traspasa e nos obriga a mirarnos, nesa persoa que nos axuda a abrir os ollos para ver o que nos rodea, no último descubrimento científico (eses escutoides descoñecidos até agora), nesa voz que nos fala, nese abrazo que nos agarima...


Preme e lembra os carteis anteriores
POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR é o lema que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional  propón ás bibliotecas escolares para o curso 2018/2019, como chiscadela para descubrir a poesía que nos rodea, apoiádonos nos recursos e nas posibilidades da biblioteca escolar.

Nós cada ano na primavera enchemos aulas, corredores, festivais...coas poesías máis diversas que nos  saen do  maxín. E no Día das Letras Galegas lemos aquelas máis representativas de todas as que floreceron ao calor da primavera.

Para ir abrendo boca deixámosvos un libriño que pódevos acompañar nas aulas, fai referencia a grandes libros de poesía galega que podedes atopar nos andeis do "Xardín do pasatempo"







Preme na imaxe





























O 24 de outubro na nosa biblioteca xa é tradición que os "Axudantes de Güino" acheguen a todas as aulas as "Maletas de Güino" como agasallo desta conmemoración.



As maletas inclúen contos, libros informativos, revistas...axeitados para cada idade.

Ao longo do curso cada clase intercambiará a súa maleta coas aulas do seu ciclo, así poderán ter ocasión de coñecer e gozar con ata catro das "Maletas de Güino" que o Equipo da Biblioteca estivo elaborando estes días.





Feliz Dïa da Biblioteca a tod@s!

No hay comentarios: