Hoxe achegámosvos as curtametraxes realizadas polo alumnado ao abeiro deste programa entre os meses de outubro e decembro de 2017.
O IES Breamo de Pontedeume, o CPI A Xunqueira de Fene e o CPI As Mirandas, de Ares, foron os tres centros seleccionados no concurso aberto a todos os institutos de Secundaria dos municipios do GALP Golfo Ártabro Norte (todos os costeiros, de Paderne, a Narón).
Das conversacións mantidas por sete estudantes de terceiro de ESO do IES Breamo cos mariñeiros do porto eumés xurdiu Entre ou río e ou mar, a historia de tres xeracións dunha familia que viven do mar. Seguro que coñecedes aos protagonistas! Non é?
Premede nesta ligazón e poderedes acceder ás curtametraxes dos tres centros.
Noraboa ! Traballo ben feito!
Estreadas nos Cines Dúplex de Ferrol o 21 de decembro do mesmo ano, amosámovolas hoxe para rematar o ano no que comezamos o noso proxecto "Alén do Mar".Este tamén arrecende a salitre, escuma e vento mareiro como estes traballos tan ben elaborados por compañeiros nosos da secundaria.
Poderemos comezar o trimestre con un cineforum!!!???
No hay comentarios:
Publicar un comentario