A primeira parte da celebración estivo adicada en primeiro lugar a resaltar e dar a coñecer un pouquiño máis a XOSÉ FERNANDO FILGUEIRA VALVERDE figura das nosas letras homenaxeada este ano 2015. O alumnado de SEXTO encargouse de realizar unha presentación da vida e obra deste escritor galego intercalada con anacos da súa obra tanto en prosa coma en verso.
A continuación realizouse a presentación do libro XOGOS TRADICIONAIS DE PONTEDEUME que é unha recompilación de xogos populares realizada polo centro dende hai varios cursos coa colaboración de toda a comunidade educativa e coordinada polo
A segunda parte desta celebración estivo adicada ao VII CERTAME DE POESÍA "COUCEIRO FREIJOMIL", no que este ano, ademais do certame tradicional que viñamos celebrando nestes últimos anos, engadimos un apartado especial adicado á POESÍA MATEMÁTICA, respondendo ao lema elixido para este ano por parte de BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA "Biblioteca escolar...matemático!!!". Foi un éxito rotundo na participación e creación deste tipo de poesía realizado ao longo dos meses de abril/maio nas diferentes aulas do centro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario