lunes, 3 de febrero de 2014

Día da Paz e a non Violencia


O pasado 30 de xaneiro, como todos os anos, celebramos no noso centro o DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

Os actos comenzaron sobre as dez da mañán coa representación, para o alumnado de primaria, da obra teatral  A SÚA VIDA a cargo da compañía teatral LEDA PRODUCIÓNS

Posteriormente, xa todos xuntos (infantil e primaria), escoitamos o MANIFESTO DA PAZ elaborado polo alumnado de sexto e a canción de POCAHONTAS coa  frauta e tod@s bailamos unha canción africana adicada a NELSON MANDELA... como punto e final das celebracións para esta data, realizamos a xa tradicional solta de POMBAS DA PAZ

Mágoa de mal tempo que impediu participar nestes actos  ás familias que nos acompañaron sempre nestes últimos anos.


No hay comentarios: