O pasado 21 de marzo, como todos os anos e conincidindo co comezo da PRIMAVERA, celebramos o DÍA DA POESÍA.
Eleximos como eixo central da xornada o libro de LEO LIONNI tiulado "FREDERICK", libro cheo de poesía desde o comezo ata o final. Este libro foi utilizado por CARLOS NEGRO na súa conferencia, PRACERES INTENSOS, PRACERES ESCUROS: POESÍA E CHOCHOLATE dentro das XORNADAS DE LECTURAR LITERARIA organizadas polo CFR de FERROL.
CARLOS NEGRO utilizou distintos parágrafos deste conto para amosar aos asistentes ás XORNADAS a alma da poesía e nós trasladámolo ao noso alumnado facendo unha lectura dramatizada do mesmo que preparou un grupo de alumn@s de sexto e que lles presentaron ese día a todo o alumnado do colexio.
Aproveitouse tamén o acto para presentar o V CERTAME DE POESÍA "COUCEIRO FREIJOMIL" ao que se lle dedicará todo o mes de abril traballando a poesía na BIBLIOTECA e nas diferentes aulas e, posteriormente o alumnado presentará as súas poesías ao certame. A fase final do mesmo terá lugar nos actos do 17 de maio DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

No hay comentarios:
Publicar un comentario