O proxecto BUBISHER é un ambicioso proxecto. De momento está formado por dous bibliobuses que se moven polo deserto, dun campamento a outreo, cheos de libros, para que os nenos e nenas do SAHARA poidan ler, aprender e disfrutar coa lectura. Para que isto poida ser unha realidade, moitas personas; escritores, persoeiros, políticos,entidades de todo tipo,... e nen@s de moitos lugares colaboran, uns desde o mesmo deserto participando directamente e outros desde os seus lugares de orixen, aportando libros e dotacións económicas que fan viable este proxecto.
Baixo o lema "COÑECERNOS PARA QUERERNOS" un grupo de BIBLIOTECAS ESCOLARES DE FERROLTERRA, entre as que está a nosa, e coordinados polo escritor GONZALO MOURE, estamos unidos para colaborar coas escolas dos campamentos de refuxiados saharauis. Nos vindeiros días imos enviarlles desde o noso colexio diverso material escolar solicitado, un ÁLBUM ILUSTRADO (mándase un por cada colexio participante,... en Galicia xa somos moitos) . O álbum que enviaremos leva por título NUEVOS COLORES do escritor FRAN NUÑO e irá acompañado dunha presentación do noso colexio realizado fundamentalmente desde o CLUB DE LECTURA. No segundo trimestre colaborará máis alumnado do centro pois elaboraremos un traballo para enviarlles sobre as FESTAS TRADICIONAIS E POPULARES EN PONTEDEUME..., e algunha sorpresa máis...
GÜINO recoméndavos que lles botedes un vistazo aos seguintes vídeos para coñecer un pouco máis do BUBISHER e das xentes do SAHARA. Tamén podedes atopar máis información escribindo BUBISHER no GOOGLE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario