Hoxe, 23 de abril, celebramos no noso colexio o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR.
A casualidade fixo que un 23 de abril de 1616 falecesen dous dos máis grandes xenios da literatura universal, Miguel de Cervantes e William Shakespeare.
Dende o ano 1995, tras a aprobación da UNESCO, celébrase esta data adicada ao libro e, dende entón, máis de cen paises de todo o mundo sumáronse á iniciativa.
Nós, celebrámolo lendo o comezo do capítulo I de DON QUIXOTE DA MANCHA antes de iniciar hoxe as clases, estando presente todo o alumnado do centro xunto co profesorado no corredor do colexio.
Posteriormente, na HORA DE LER, un grupo de alumn@s do terceiro ciclo de primaria leu un conto aos seus compañeiros en cada unha das aulas de infantil e do primeiro e segundo ciclos de primaria.

1 comentario:
A verdade é que estivo moi ben esa nova iniciativa.
Eu leín, na hora de lectura.
O día do libro foi fantástico no colexio!!!!
Moitos bicos.
Sara.
Publicar un comentario