martes, 16 de diciembre de 2014

Lecturas para o Nadal


      Desde BIBLIOCOUCEIRO desexámosvos que pasedes unhas fantásticas vacacións.


 Neste tempo de lecer atoparedes algús ratiños para xogar, para compartir,para descansar, ...para estar coas vosas familias e tamén, de seguro, haberá momentos para ler...


Así que, outro ano máis, elaboramos unha selección de lecturas, coidamos que moi interesantes, para que poidades gozar con elas. 

BO NADAL A TOD@S!!! 


domingo, 14 de diciembre de 2014

Musicreques!!


         De novo MUSICREQUES estivo no colexio para ofrecernos o seu novo espectáculo IVÁN E O LOBO GRIS que,  seguindo a liña de AS AVENTURAS DE QUEBRANOCES, o seu anterior espectáculo, preséntanos a Iván e as aventuras co Lobo Gris nun teatrillo de monicreques  apoiado por imaxes en pantalla que serven como fío conductor do conto. Todo isto  para presentarnos a un gran compositor checo Antonin Leopold Dvorak, nado nunha aldea próxima a Praga no ano 1841.
As Danzas Eslavas, inspiradas nas danzas húngaras de Brahms,  están formadas por 16 danzas escritas orixinalmente para piano a 4 mans, nas que predominan melodías a base de bailes populares checos e eslavos. Trátase dunha música de profunda beleza, con moitos contrastes, intercalando pasaxes de gran forza e vitalidade con pasaxes lentos e melancólicos. Loreto e Alma encargáronse de tocar ao piano,  en directo,  estas danzas.  A alumnado participou plenamente das dúas representacións realizadas, unha para o primeiro e segundo ciclo de Primaria e outra para E. Infantil. O alumnado pasouno en grande e gozou moitísimo co espectáculo.
       Dámoslle as grazas a MUSICREQUES, a Alma e a Loreto, polo estupendo traballo realizado e polas atencións que sempre amosan  co noso centro. 



Untitled from JULIO PAMPIN COLOMA on Vimeo.

sábado, 13 de diciembre de 2014

Investigamos sobre...

Ao longo do mes de novembro o alumnado do noso centro adicosuse a investigar sobre ditos, refráns, cantigas, relacionadas con dúas das festas máis representativas deste mes do ano. Por un lado a FESTA DO PEÓN que celebramos no noso centro sempre na compaña das familias, aínda que este ano, por mor das inclemencias meteorolóxicas tivo unha celebración moi restrinxida no interior do colexio. Por outra banda a FESTA DO SAN MARTIÑO de fonda tradición en toda Galicia. os nenos e nenas do centro aportaron as súas recolleitas realizadas nos ámbitos familiar, veciñal , círculos de amistades..., e este foi o resultado. Elaboráronse dous cadernos un de E. Infantil e outro de Primaria onde se recollen os traballos aportados. Parabéns a todos polo esforzo e polas aportacións realizadas.



lunes, 17 de noviembre de 2014

Samaín e Magosto no cole

Este ano, na nosa escola, o SAMAÍN foi un pouco especial. Sabedes por que? Pois porque fixemos un RAP, o "RAP DO MAGOSTO"  de PACO NOGUEIRAS e a coreografía inventada por nós, os nenos e nenas de CUARTO. Tamén fixemos cabazas, todas moi bonitiñas pero hai que recoñecer que as que gañaron...merecían gañar!Realizamos unha exposición coas nosas rimas (pareados, poesías,... ) adicadas ao SAMAÍN que acompañaron á exposición das CABAZAS.
O magosto foi do máis divertido. Todas e todos tiñamos as caras pintadas coa cinza e non había ningún mestre que se librase do "ataque" do alumnado. Foi divertidísimo! Comimos castañas e cantamos, bailamos,... Ah! Estivemos acompañados polas nosas familias que disfrutaron tanto ou máis ca nós...!



jueves, 6 de noviembre de 2014

O PAÍS DOS MANDÓNS....!!!



            A compañía teatral GHAZAFELHOS presentou o seu espectáculo de CONTACONTOS  "O PAÍS DOS MANDÓNS",  basado no libro de Paloma Rodríguez e Cristina Justo que leva o mesmo título e que temos na nosa biblioteca no andel do PRIMEIRO CICLO (galego). Esta representación tivo lugar na   Casa da Cultura de Pontedeme e asistiu o alumnado de E. INFANTIL de cinco anos do colexio. Esta actividade foi organizada  polo Concello dentro das liñas de actuación do II PLAN DE IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES co obxectivo de divulgar e concienciar sobre o principio de indentidade de xénero.
            As nenas e nenos que asistiron  a esta actividade pasárono.... XENIAAAAAL!!!

viernes, 17 de octubre de 2014

As mochilas viaxan de Bibliocouceiro ata vosas casas

Un curso máis, e xa van moitos dende que comezaron a súa andaina no ano 2009,  as MOCHILAS volven viaxar ás casas dos nenos e nenas do Couceiro. 

Durante os pasados días os membros do EQUIPO DE BIBLIOTECA traballaron arreo para ter listas, o máis axiña posible, as mochilas. 


cturas...Todas van cheas de libros, pelis, música,... para encher o tempo de lecer coas vosas familias. 


Cada mochila contén información para as familias, normas, contidos e un CADERNO VIAXEIRO no que o alumnado poderá debuxar, facer comentarios ...
Por último, as familias tamén poderán realizar os comentarios e suxestións que consideren oportunas nun apartado dentro do caderno. 
Lembrade, unha folla do caderno por nen@. 


As mochilas sairán do colexio os venres e retornarán os xoves. 

Desde a biblioteca GÜINO desexa que teñades un curso cheo de boas lecturas.



martes, 30 de septiembre de 2014

Mafalda... 50 anos!!




          50       ANIVERSARIO

PARABÉNS

    MAFALDA!!!



Mafalda, o  mítico personaxe creado por Quino, gañador do premio Príncipe de Asturias de Comunicación e  Humanidades este mesmo ano, cumpre 50 anos.
   
Medio século de inconformismo infantil trufado de certeras e irreverentes frases e un sempiterno odio á  sopa que comezaron a publicarse en forma de tira cómica un 29 de setembro  de 1964 na revista semanal arxentina "Primera Plana"...

Comezamos un novo curso!!

Comezamos este novo curso 2014/15 cargados de enerxía e con moitas ganas de que vivades moitas aventuras na nosa BiblioCouceiro!!!


Güino, e todo o seu equipo de colaboradores, queremos darmos unha agarimosa benvida e desexaros un bo comezo de curso e, coma sempre, boas lecturas!!!




martes, 17 de junio de 2014

Bo verán, sempre con libros!!

Outro curso que remata xa, e chega o esperado verán, e as ansiadas vacacións...

Dende Xardín do Pasatempo queremos recomendarvos algúns libros e contos que parécenos que vos gustarán e poden encher de aventuras estes días de verán...

 

Gozade moito e vémonos en Setembro!!

lunes, 26 de mayo de 2014

Encontro con Iago.


O alumnado do PRIMEIRO CICLO  de PRIMARIA asistiu a un encontro co contacontos IAGO

Previamente prepararan  o conto O APRENDIZ DO HOME DO SACO nas respectivas aulas e neste encontro  con IAGO,  participaron, comentaron, reviviron...esta hiostoria  e pasaron un rato moi, moi divertido  con este home  moi vello que estaba amolado porque o seu único fillo non quería herdar o seu oficio. Todos os días o pai, chovese ou non, tiña que ir traballar, mentres o fillo quedaba estomballado na casa agardando a hora do xantar. Pero un día todo cambiou: o pai enfermou e o rapaz tivo que aprender en pouco tempo os trucos para ser un bo home do saco.



contacontos anaya from JULIO PAMPIN COLOMA on Vimeo.