lunes, 26 de octubre de 2026

COLABORACIÓN CO CONCELLO NA ACTIVIDADE: PONTEDEUME, VILA DAS LENDAS

Pontedeume, Vila das Lendas
Proposta de colaboración co Concello de Pontedeume
Unha proposta para compartir

Como sabedes, esta fin de semana celebrarase a primeira edición de «Pontedeume, Vila das Lendas». Dende a escola pedimos a vosa colaboración para entre toda a comunidade darlle valor o Patrimonio Inmaterial da nosa vila.

 O Concello de Pontedeume solicitou a colaboración de Güino, a nosa mascota, para axudar o Concello a recoller o maior número de lendas da vila. 


Como podedes colaborar?
Propoñémosvos facer unha recollida de información na folla que se adxunta ou noutra que queirades para que, nas vosas casas, quen queira poida recoller algunha lenda que coñeza ou que escoitase, relacionada co Samaín, co tempo dos Defuntos ou con Pontedeume e a súa contorna.

 Agradecémosvos, coma sempre, a vosa colaboración. Participación voluntaria.

 Grazas por contribuír a manter vivas as lendas e a memoria da nosa vila.

 Recollida dos traballos 
 Un representante do Concello de Pontedeume recollerá os traballos no centro durante a próxima semana. A participación é voluntaria. O centro educativo actúa unicamente como difusor e motivador da iniciativa, coa finalidade de animar a comunidade educativa a participar. Polo tanto, o centro non se fai responsable do trato, custodia ou devolución que poidan recibir os traballos unha vez entregada.

No hay comentarios: