domingo, 7 de marzo de 2021

8 de Marzo, Día da Muller

Preme para acceder a contos e cantigas!
O Día Internacional da Muller conmemorado cada 8 de marzo é recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e de facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade. 
Este curso dentro do PDI o alumnado do centro visitou a exposición polos 750 anos da vila e alí poideron observar as poucas referencias que a historia eumesa fai ás mulleres. 
No noso centro adicamos o 8 de Marzo ás mulleres de Pontedeume, imprescindibles e silenciadas pola historia e imparables nas súa loita por un presente e futuro en igualdade.
  • Na nosa biblioteca temos unha escolma de libros de contos e informativos para todas as idades para dar a coñecer mulleres senlleiras do pasado e para formar en  igualdade sen prexuizos de xénero.


  • Nas aulas de infantil preparando esta data realizaron marabillosos traballos plásticos sobre a importancia da muller nas súas vidas.




  • Nas aulas das nenas e nenos maiores da escola elaboraron de xeito colaborativo un gran mural informando sobre grandes mulleres no pasado e no presente eumés."Eumesas", o mural do 8 de Marzo, preside a entrada do colexio e está aberto a toda a Comunidade Educativa que, de xeito seguro, poderá velo dende a parte exterior, na fachada principal  do centro.Todos e todas poderán coñecer , por exemplo, a María de Andrade e Isabel de Castro, que tendo un   gran  peso  político e cultural na historia son practicamente descoñecidas na actualidade, e moitas outras mulleres do pasado e presente eumés que se encargaron de documentar e dar a coñecer o alumnado   de 5º e 6º de E. Primaria.