lunes, 29 de mayo de 2017

E. Infantil: "A LENDA DO RÍO EUME"

O alumnado de E. I., dentro do proxecto das fragas, presentou hoxe no pavillón "A lenda dos tres ríos": O Eume, o Sor e o Landro. Escenificaron en grupos cos seus corpos e a axuda de papeis azuis o percorrido dende a Serra do Xistral, onde nacen, ata o mar:

Para saber que lles pasa a estos ríos, que nacen tan  preto un doutro, podedes premer na imaxe e ler a lenda completa.



Canto aprendemos todos grazas a investigación dos máis pequerrechos!

Mirade que ben o fixeron!












Mais antes desta representación moito traballaron:

Falaron do que sabían, decidiron que querían saber; informáronse a través de libros, na rede; coa visita de Carlos, un biólogo que traballa nas fragas; visitando as fragas na primavera, etc.

Fixeron murais informativos, decorados, ata no Antroido foron de peixiños do Eume!!!

Premede nas imaxes e visitaredes os seus blogs! Que bo traballo, non é?









NORABOA!!!

miércoles, 24 de mayo de 2017

PDI. Presentando as nosas investigacións !

O alumnado de 5º A realizou diversas actividades que permitiron a elaboración desta presentación que resume o investigado sobre o aproveitamento forestal das fragas antes de ser declaradas Parque Natural.
Xa expostas, as actividades anteriores dentro do proxecto no corredor de primaria, estos días están acompartir cos compañeiros e compañeiras o coñecemento acadado apoiándose nesta presentación que fixeron en pequenos grupos de xeito colaborativo.







E mirade tamén a presentación de 6ºB, con ela  resumen o percorrido feito da ma do PDI na súa aula. Eles tamén están a utilizar este audiovisual para transmitirlle os coñecementos acadados a toda a Comunidade Educativa.


PDI: Aproveitamento da forza das augas na fraga

A comezos do semestre o alumnado de sexto, acompañado polos seus mestres, visitou a fraga do Eume, centrando a súa atención no río. Observaron nos muiños do Sesín, afluente do Eume, o aproveitamento tradicional da forza das augas para mover as moas dos muiños e moer o cereal.

Co paso do tempo a forza do Eume pasou de utilizarse para facer fariña a producir electricidade: o encoro, a central, as turbinas...Todo lles interesou a esta rapazada de 6º B que levaron  a actividade á aula e ás casas.

Logo de estudar a electricidade  fixeron maquetas e xogos con circuitos elétricos que estos días están a amosar aos outros cursos.
Maquetas do encoro e da  da minicentral e  xogos de asociación con seres vivos da fraga enchen o corredor de primaria para que enreden e aprendan todos os que por alí pasan.
Noraboa, traballo ben feito!


PDI Parc Naturel Fragas do Eume

Dentro do Proxecto Documental Integrado que se está a desenvolver en todo o centro durante este curso, o alumnado de francés tivo como eixo da súa actividade dous aspectos significativos: os contidos propios do Parque Natural das Fragas do Eume e a técnica de Realidade Aumentada.

O proceso desenvolveuse en tres fases.

O primeiro contacto cunha actividade de realidade aumentada estivo relacionado coa festividade de "Pâques".  Sorprendidos quedaron cando viron que os debuxos que colorearan, e que serviran como base para a creación de textos en francés, tomaban vida cando os miraban coas tablets. Para esta fase utilizamos a aplicación Quiver.

Unha segunda fase consistíu en facer actividades con vocabulario das Fragas. O alumnado de 5º e 6º creou códigos QR que iban asociados a descripcións ou sinxelos  textos informativos en francés que eles redactaran previamente. O alumnado de  francés de 6º buscou información sobre as Fragas do Eume. Con eses textos fixemos un vídeo.
A información deste vídeo complementada con outros aspectos, tales como os sons de varios animais (ou dun río) que eles escolleran  e a información do parque en varios idiomas, valeu para que, mediante os códigos QR que eles crearon co programa QR Code Generator puidesen enriquecer con realidade aumentada un enorme  mapa-mural que fixeran cos seus compañeiros e compañeiras de clase.

Finalmente fixemos unha comprobación para saber si todo funcionaba correctamente. O resultado foi extraordinario e divertido.

Aquí podedes ver algo de cada fase...
















domingo, 21 de mayo de 2017

PDI: Lenda "O Anel de San Rosendo"

O alumnado de Relixión Católica do noso cole dentro do Proxecto das Fragas do Eume investigou sobre San Rosendo e a súa relación co Mosteiro de Caaveiro.
Os de 6º A elaboraron unha presentación sobre a lenda que este Santo protagoniza. Presentárona para toda a Comunidade Educativa no Festival das Letras Galegas.
Aquí tamén podemos ver todos o Power Point con que acompañaron a súa presentación.


domingo, 14 de mayo de 2017

Visita ao Museo Etnográfico da Capela

O alumnado de 5º de Primaria dentro do PDI que estamos a realizar no cole xa fora á Capela, a ver o Mosteiro,(5ªB) e de sendeirismo para ver as corripas , as pegadas dos carboeiros no solo da fraga(5ºA) Mais desta volta, visitaron o museo para coñecer máis a fondo como vivían as nosas xentes: explotando de xeito tradicional o medio que nos rodea, a fraga, o río, os cultivos, o gando,...


Un percorrido pola Casa do Pazo, onde está o museo, permitiulles achegarse ás formas de vida e traballo das xentes da zona. Viron utensilios dos carboeiros, carpinteiros, tecelás, zoqueiros,etc Ao tempo que os ían relacionando coa explotación tradicional da fraga.
Foi unha rica experiencia guiada por Abel e Secundino.


Moitas grazas a eles e a todo@s os que fan posible a existencia deste museo que nos permite achegarnos á cultura popular tradicional da nosa zona.




Oficios tradicionais na Comarca do Eume - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Ademais fomos recibidos  no CEIP "Mosteiro de Caaveiro" onde tivemos unha agradable xornada de convivencia cos nenos da mesma idade que amosaron aos nosos alumnos e alumnas xogos populares.




miércoles, 10 de mayo de 2017

Carlos Casares, Letras Galegas 2017


Ben sabedes tod@s que este ano o Día das Letras Galegas se lle adica a Carlos Casares.
No Día do Teatro asistimos á representación dunha das súas obras máis coñecidas
"As laranxas máis laranxas de todas as laranxas"
Lembrades?






No noso corredor da planta baixa no Taboleiro da Lingüa xa podedes visitar a exposición de carteis sobre a súa vida e obra.


     

E na biblioteca, na Exposicion das Letras Galegas, podedes ler ou ben levar emprestadas calquera das  obras de que dispoñemos, dalgunhas temos varios exemplares.
Tamén están libros  que Casares non escribiu pero traduciu ao galego como" O Principiño" que tamén podedes ver na súa exposición.


O alumnado de 1º, 3º e 4º asiste en Ferrol ao Correlingua.
O Correlingua   é unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar á mocidade e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro.
Este curso a Marcha pola Lingua no exterior non puido ser por mor da climatoloxía, mais  tod@s pasárono xenial, no Auditorio de Caranza, escoitando as cantigas de Pablo Díaz e apoiando o Manifesto pola Lingua lido por nenos e neas do CEIP "Centieiras"

Graza tanto aos organizadores do acto como ao Concello que facilitou o desprazamento.

Fantástica organización!










Premendo na imaxe visitaredes, o Blog de Normalización Lingüística do cole
  "A Casqueira",. Alí acadaredes a información que seleccionaron para vós sobre o Día das Letras Galegas.




Aquí vos deixamos ademais unhas actividades, recompiladas polo CEIP "Mestre Valverde Mayo" de Pontevedra, sobre Casares.
 Hai información para ler, outra para ver, gravada polos nenos do cole; e tamén actividades interactivas para xogar despois de informarvos con todo o anterior.




Para rematar Güino convídanos ao Festival das Letras Galegas o vindeiro venres 19 de maio:

      1ª Parte:
  • Presentación de Carlos Casares. (Alumnado de 6º de Primaria)
  • IX Certame de Poesía "Couceiro Freijomil" Lectura de poesías finalistas e entrega de premios.
  • Muiñeira de Cardelle ( Cantiga adaptada e interpretada por un grupo de nenas de 6º de Primaria)
      2ª Parte:
         Exposición de traballos realizados dentro do Proxecto "As Fragas do Eume"
  •  Audiovisual do alumnado de Relixión Católica sobre a "Lenda do Anel de San Rosendo"
  •  5ºB representa  "O anel de San Rosendo".
  • "A fraga das árbores das palabras", pequena peza teatral preparada por 4ºB.

Xa pasou o gran DÍA!!!

Que ben saíu todo! Lembrades que poesías tan fermosas, a Lenda do anel de San Rosendo,  as obras de teatro de 4º e 5º B e o traballo dos nenos e nenas de sexto. Eles foron  os condutores do festival. fixeron a presentación da vida e obra de Casares e, amenizaron o festival as tres cantareiras, tamén de sexto.








Aquí vos deixamos unha montaxe coas fotos do festival:  Aquí vos deixamos unha montaxe coas fotos do festival:


No Certame de Poesía entre todas as presentadas, houbo que decidir cales ían ser as premiadas . O Equipo da Biblioteca tívoo ben dificil. Foron as seguintes.



SONS DAS FRAGAS

Dentro do proxecto que estamos a desenvolver no centro, da colaboración entre a Aula de Audición e Lingüaxe (AL) e a Aula de Música naceu esta actividade interactiva: Sons das fragas.

A fraga está moi preto nosa, mais cando non poidamos achegarnos ata alí, esta actividade transportaranos a ela.

Todo o alumnado traballa os sons coa profe Lara, na Aula de Músia, ou ben con Sonia na clase de A L. Agora tamén dende as nosas casas poderemos gozar dos chíos dos paxaros, das voces dos mamíferos e dos sonidos da choiva, río, tormenta, etc.

Premede na imaxe e escoitade!!!





martes, 9 de mayo de 2017

PDI " As Fragas do Eume": Actividades coas familias

NON PODÍAMOS COMEZAR MELLOR A SEMANA, NON SÓ CO DÍA DE BREAMO, SENÓN QUE ADEMAIS TIVEMOS A SORTE DE TER EN PRIMICIA AO GRUPO "TREBELLOS" QUE COA SÚA MÚSICA E DIVERSIÓN QUIXERON PASAR UN TEMPO COAS XOANIÑAS E OS CICLISTAS, E MENUDA ACTIVIDADE MÁIS DIVERTIDA!!!

UN GRUPO FORMADO POR PAIS E NAIS DAS DÚAS AULAS DE INFANTIL DE 5 ANOS ACHEGÁRONSE Á ESCOLA. SABEDORES DE QUE ESTAMOS A TRABALLAR NO PROXECTO DAS FRAGAS DO EUME PREPARARON POESÍAS SOBRE AS FRAGAS E A NOSA CONTORNA, MUSICÁRONAS E PRESENTARONAS CON UNHA COREOGRAFÍA MÁXICA.

AQUÍ NOS DEIXAN "OS CICLISTAS" E "AS XOANIÑAS" AS SÚAS VIVENCIAS COS "TREBELLOS". 


OLLADE PREMENDO NAS IMAXES O BEN QUE O PASARON.











ATA TROUXERON TRÍPTICOS PARA TODA A CONCURRENCIA COAS SÚAS POESÍAS.QUE CHULOS!










MOITAS GRAZAS A "OS TREBELLOS"

 E A TODAS AS FAMILIAS QUE COA SÚA COLABORACIÓN MELLORAN A NOSA ESCOLA.




miércoles, 3 de mayo de 2017

ACTIVIDADES DA SEMANA DO LIBRO

Tivemos unha Semana do Libro ben completa.
Ademais da presentación de novidades e da Realidade Aumentada utilizando as tabletas dixitais da biblioteca que tanto gusta a pequenos e grandes tivemos actos puntuais como:

  • Iago López presentoulles o seu libro " O cociñeiro Martiño" a 1º e 2º de Primaria



  • O alumnado do Club de Lectura coñeceu a Antonio Fraga co que parolaron sobre "O Castañeiro de Abril"


Club de Lectura - Kizoa Editar Videos - Movie Maker


  • Os máis pequenos da escola ,un xoves máis, recibiron con gran alegría na Hora de Ler ao Voluntariado Lector de 5º e 6º de Primaria

Voluntariado Lector 2017 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

  • E algúns nenos e nenas traballaron, seguindo as suxestións de Güino, na data da Festa do Libro. Ademais de investigar elaboraron "Minilibros" con aventuras do Quixote.          Mirade que chulos!






A festa dos Maios na escola

Un ano máis o noso cole encheuse co arrecendo a fiúncho, bieiteiro e flores. Nos corredores, nas aulas e patio, nenas e nenas clasificaba, nomeaban, cheiraban,... Coñecían as plantas propias da nosa contorna nesta época. Facían grilandas con ovos e laranxas, tecían o seu Maio, enfiaban flores para cubrir o verde, etc.

Coa axuda da profe Lara este curso cada Maio levou unha cantiga popular, que interpretou logo do Desfile, arredor do seu Maio. Grazas á colaboración das familias e mestres,  toda a rapazada do cole aprendeu a facer o Maio.

Aquí podedes ver as imaxes da festa coa que  toda a Comunidade Educaiva festexou a volta da luz, da cor e  da vida na primavera.





E as letras das cancións que acompañaron aos Maios:













Que ben o pasamos! Moitas grazas a tod@s pola vosa colaboración!