Este é o resultado do traballo de toda a comunidade educativa sobre o noso patrimonio cultural inmaterial. Detrás deste podcast hai unha recollida de información, selección e interpretación na que participamos todos e todas. Quedou moi chulo!!!
Moitas grazas e noraboa polo traballo, Güino.miércoles, 10 de junio de 2026
AXUDANTES DE GÜINO
Hoxe entregamos un diploma ao alumnado de 5º de Ed. Primaria e un agasallo de agradecemento polo seu traballo deste curso como axudantes no "Xardín do Pasatempo".
Güino.
martes, 9 de junio de 2026
BIBLIOCOUCEIRO CREATIVO 3º TRIMESTRE
Aquí deixo o último vídeo con obras inéditas dos recunchos fedellos do “Xardín do Pasatempo”.
Boas vacacións. Güino.
lunes, 8 de junio de 2026
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN 2026
Boas vacacións lectoras.
Güino.
miércoles, 3 de junio de 2026
CLUB DE LECTURA. 5º ED. PRIMARIA Ramón Caride
O 1 de xuño recibimos o autor do libro que leron o alumnado de 5º Ed. Primaria, "O misterio das zocas", Ramón Caride.
Despois dunha sesión onde Ramón contou como escribiu o libro, amosámoslle os podcast que gravaron con anterioridade as compañeiras e os compañeiros deste nivel. Gustoulle moito!!!
Para rematar, Ramón asinounos os libros. Moitas grazas.
miércoles, 27 de mayo de 2026
CLUB DE LECTURA 4º ED. PRIMARIA. VISITA DE EVA MEJUTO
Estivemos lendo "Queco e Kika", un libro moi divertido. Hoxe, 27 de maio, estivemos coa autora en Bibliocouceiro e contounos moitos segredos.
domingo, 24 de mayo de 2026
CLUB DE LECTURA 5º ED. PRIMARIA
Xa temos data para o derradeiro club de lectura deste curso. O 1 de xuño visitaranos Ramón Caride o autor de "O misterio das zocas".
Güino.
CLUB DE LECTURA 4º ED. PRIMARIA
O vindeiro mércores 27 de maio recibimos a Eva Mejuto, que traballará co alumnado de 4º sobre o seu libro Queco e Kika.
Güino.lunes, 18 de mayo de 2026
EXPOSICIÓN PDI COUCEIRO CALIDAD. ARTESANÍA E TRADICIÓN GALEGA.
Xa chegou o remate do PDI coa exposición do noso traballo no MUSEO CALIDADE.
Estará no corredor inferior do cole para poder visitar nestas semanas. Por se alguén non pode achegarse, deixamos un vídeo do resultado.
jueves, 14 de mayo de 2026
PDI. COUCEIRO CALIDADE. ARTESANÍA E TRADICIÓN GALEGA.
Xa casi está lista a exposición co resultado do traballo realizado durante este curso.
O alumnado de terceiro creou un podcast contándonos o que traballaron. Podedes escoitalo.
domingo, 10 de mayo de 2026
LETRAS GALEGAS 2026
Con motivo da próxima celebración do Día das Letras Galegas 2026, o alumnado de 3º participou na gravación dun audio moi especial para a nosa radio escolar. Nesta ocasión, o programa estivo dedicado á figura de Begoña Caamaño, escritora, xornalista e muller comprometida coa lingua e coa cultura galega.
O Día das Letras Galegas celébrase cada ano o 17 de maio e é unha data moi importante para todas e todos nós. É un día para poñer en valor a nosa lingua, lembrar a importancia de falala, coidala e transmitila, e coñecer mellor a obra das persoas que contribuíron á literatura e á cultura de Galicia.
Neste audio, o alumnado achegounos dun xeito claro, divertido e moi didáctico á vida e ao legado de Begoña Caamaño. Faláronnos da súa relación co galego, do seu traballo na radio e no xornalismo, da importancia das palabras e do papel das mulleres nas historias. Tamén nos lembraron que o galego serve para contar, pensar, emocionar, aprender e soñar.
Cómpre destacar o gran traballo realizado polos nenos e nenas. Fixérono incriblemente ben: leron con claridade, respectaron as quendas, puxeron entusiasmo nas súas voces e conseguiron transmitir a importancia desta celebración. Foi unha experiencia moi bonita, na que demostraron que tamén desde a escola podemos facer que o galego soe con forza, alegría e orgullo.
Parabéns a todas e todos os participantes polo seu esforzo, pola súa ilusión e por facer da nosa radio escolar un espazo vivo para compartir aprendizaxes.
Premede no audio e gozade deste programa especial das Letras Galegas 2026!
jueves, 7 de mayo de 2026
SEGURIDADE NA REDE. 3º CICLO
NAVEGANDO CON RUMBO
Actividade do 29 de abril de 2.026 onde foi aportado este pdf que pode ser de interese.
lunes, 27 de abril de 2026
APADRIÑAMENTO LECTOR
Hoxe, 27 de abril, fixemos o Apadrinamiento Lector recordando o Día Do Libro. Como sempre foi todo un éxito, ver como as madriñas e padriños coidan e len ás afilladas e afillados.
jueves, 23 de abril de 2026
LECTURA E FAMILIAS. OBRADOIRO
Co gallo do Día do Libro, durante a semana fixemos diferentes actividades, en concreto, un obradoiro titulado "A narración desde o teatro de movemento" que dirixiu María Torres. Pola mañá, participaron as alumnas e alumnos de sexto de Ed. Primaria. Pola tarde, participaron diferentes familias que disfrutaron dunha sesión moi divertida e emotiva.
Moitas grazas María, por acompañarnos neste día.
Güino.
DÍA DO LIBRO
O alumnado de 3ºB están traballando o Día do Libro e comparten o seu traballo se picas na foto.
Moitas grazas.
Güino.
domingo, 19 de abril de 2026
DÍA DO LIBRO. CLUB DE LECTURA
O alumnado de 5ºA e co gallo do Día do Libro, gravaron na radio podcast sobre o libro que están lendo para o Club de Lectura; "O misterio de Zocas".
Güino.viernes, 17 de abril de 2026
DÍA DO LIBRO 2026
Achégase o 23 de Abril e como cada ano Güino ten preparadas actividades.
Xa saberedes doutros anos, mais nunca está mal lembrar, a razón da celebración nesta data e non doutra calquera, xa que calquera día e bo para festexar a lectura.
A UNESCO decidiu celebrar conxuntamente o Día do Libro e dos Dereitos de Autor atendendo á casualidade de que a morte de Cervantes (o 23 de abril de 1616) se correspondía coa data do aniversario do nacemento e morte de William Shakespeare. Ese mesmo día tamén se conmemora a morte do primeiro escritor mestizo, Garcilaso de la Vega.
jueves, 26 de marzo de 2026
PDI COUCEIRO CALIDADE. ARTESANÍA QUE NACE DO MAR
Alumnado de 2º ciclo
O 25 de marzo recibimos a visita dun mariñeiro do noso pobo, Manolo. Estivo unha sesión con nós contándonos a súa experiencia no mar ademáis de ensinarnos a CONFECIONAR REDES.
Moitas grazas Manolo.
Güino.
LÚA. Musical coa Orquestra Sinfónica Galega
O alumnado do terceiro ciclo de Ed. Primaria asistiron ao musical LÚA no Palacio da Ópera.
sábado, 21 de marzo de 2026
DÍA DA POESÍA
Neste Día da poesía recordaremos o certame de poesía que tivo lugar no noso cole o día 27 de febreiro. Co gallo do Día de Rosalía De Castro (23 de febreiro) celebramos este acto nesa semana para o alumnado e 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria. Achegáronse ao Certame de poesía, poetas como: Amalia Díaz Rodríguez, Xoan Pedreira, Edita Nogueira, Francisco Vila Fuentes, Ji Graña Muíño, Raquel Rodios, Carmen Presedo, J M Espiñeira e Santiago Rodríguez.
Como remate do Encontro deixáronnos un agasallo precioso, un romance de cego adicado a nós. Podedes ver o video se picades na seguinte foto.
Tamén recitaron romances de cego o alumnado de 6º de Ed. Primaria.
Ao día seguinte algún dos escritores deixaron unhas verbas e uns poemas preciosos nas redes sociais. Deixamos aquí a mostra do escrito e se picades accededes ao enlace onde foi colgado.
Moitas grazas. Güino
viernes, 20 de marzo de 2026
SEMENTEIRA DE VERSOS
Hoxe, 20 de marzo, participamos co alumnado do 3º ciclo de Ed. Primaria na Sementeira de Versos, actividade que se realiza no noso pobo.
miércoles, 18 de marzo de 2026
PDI. Couceiro Calidade. Artesanía e tradición galega.
Podcast do alumnado de 5ºA sobre a visita á Sargadelos.
Aloia e Adriana.
Adán e Dario.PDI. COUCEIRO CALIDADE. ARTESANÍA E TRADICIÓN GALEGA.
O alumando de 3ºciclo de Ed. Primaria fixeron unha saída didáctica á fabrica de cerámica de Sargadelos, correspondendo coa investigación sobre a artesanía de oleiría.
Gústoume moito o voso vídeo. Güino.viernes, 13 de marzo de 2026
8M DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES
A exposición de libros sobre MULLERES, recibiu visitas do alumnado ao longo desta semana. Destacamos ao alumnado de 6ºA que baixaron para completar un traballo de investigación sobre Malala.
Quedámonos coa frase "Un neno, un mestre, un libro e un lápiz poden cambiar o mundo".
Moitas grazas pola vosa aportación.
Güino.
miércoles, 11 de marzo de 2026
GALEGAS E GALEGOS
Alumnado de 5ºA de Ed. Primaria grabaron un podcast sobre galegas e galegos. Podedes escoitalo aquí.
Moi bo traballo. Güino.
lunes, 9 de marzo de 2026
PDI. COUCEIRO CALIDADE. ARTESANÍA E TRADICIÓN GALEGA
Co gallo da celebración do 8M, Día Internacional da Muller, e xunto co noso traballo de investigación, recibimos un grupo de Mulleres Rurais de Cabanas que amosaron ao alumnado como se traballa artesanía da cestería, o fiado de lá e como facían bonecas coas follas do millo.
Aquí queda unha mostra do que nos ensinaron. Güino.
8M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Colocouse unha exposición de libros de Bibliocouceiro, "Xardín do Pasatempo", no corredor co gallo desta celebración.
sábado, 7 de marzo de 2026
GRAVACIÓN DE TEATRO RADIOFÓNICO
Despois dos obradoiros con Charo Pita, o alumnado de 5º Ed. Primaria, gravou na radio o que traballaron no obradoiro.
VISITA DE MARTA VILLAR
O alumnado de 3º Ed. Primaria, leron o libro "Os peido máxicos de Sultán" e a súa escritora visitounos este xoves 5 de marzo. Foi un club de lectura moi interesante.
martes, 3 de marzo de 2026
OBRADOIRO "LER TEATRO NA RADIO"
Güino.
domingo, 1 de marzo de 2026
CLUB DE LECTURA 3ºED. PRIMARIA
O xoves 5 de marzo, recibiremos a autora do libro "Os peidos máxicos de Sultán", Marta Villar.
Güino.
RADIO NA BIBLIO. OBRADOIROS "LER TEATRO NA RADIO".
O martes 3 de marzo levaranse a cabo uns obradoiros co alumnado de 5º de Ed. Primaria a cargo de Charo Pita.
PDI. COUCEIRO CALIDADE. ARTESANÍA E TRADICIÓN GALEGA.
O alumnado de 5º de Ed. Primaria grabaron un podcast sobre artesáns galegos. Podedes escoitalo.
CERTAME DE POESÍA NA SEMANA DE ROSALÍA DE CASTRO
O pasado venres 27 de febreiro, como remate da semana que adicamos a nosa escritora Rosalía de Castro, celebrouse o Certame de Poesía como tiñamos previsto.
Varios escritores da contorna achegáronse ao Salón de Actos do centro e recitáronnos varias poesías, de escritores como Rosalía De Castro, Celso Emilio Ferreiro, Manuel María .... e outros escrito por eles mesmos.
miércoles, 18 de febrero de 2026
ROSALÍA DE CASTRO
Bibliocouceiro nesta derradeira semana de febreiro propón actividades coa coincidencia do Día de Rosalía de Castro.
Deixamos aquí o cartel proposto para o Día de Rosalia de Castro 2.026 pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
miércoles, 11 de febrero de 2026
martes, 10 de febrero de 2026
lunes, 9 de febrero de 2026
viernes, 6 de febrero de 2026
jueves, 29 de enero de 2026
DÍA INTERNACIONAL DA PAZ
Hoxe na Bibliocouceiro ocorreu algo moi creativo, alguén creou a palabra PAZ cos legos.
O motivo foi que hoxe celebramos no cole o DÍA DA PAZ, cantamos a canción de Juanes despois de que o alumnado de sexto lera un emotivo manifesto.
Despois o alumnado foi visitando unha exposición de libros coa temática da paz e completamos os murais que nos deixaron os compañeiros e as compañeiras do terceiro ciclo.
lunes, 26 de enero de 2026
BIBLIOCOUCEIRO CREATIVO
Aquí deixo o que crea o alumnado no tempo de recreo.
viernes, 23 de enero de 2026
PDI COUCEIRO CALIDADE. ARTESANÍA E TRADICIÓN GALEGA
Co gallo do tema do PDI deste curso, recibimos un artesano no noso cole que nos amosou como se elabora artesanalmente instrumentos musicais tradicionais galegos.
miércoles, 21 de enero de 2026
jueves, 8 de enero de 2026
PDI ARTESANÍA QUE NACE DO MAR
O alumnado de segundo ciclo xa traballou a Artesanía que nace do mar no Nadal. Crearon tarros con un elemento do mar, o sal que colorearon con xiz.

















.png)















