miércoles, 20 de junio de 2018

Exposición Final: "Alén do Mar"

Unha vez rematado o proxecto, chega o momento de facer unha análise global das aprendizaxes adquiridas e daquelo que precisamos mellorar para o seguinte PDI. Ademais da avaliación continua e formativa, vén a reflexión final e a elección do próximo proxecto para planificar cara o curso que vén.



Mais antes expoñemos a toda a comunidade educativa os diferentes materiais elaborados ao longo do curso, non todos mais si os que permitiu  o seu formato. Do resto,  moitos poden observarse neste blog e outros traballos individuais quedan incorporados nas creacións de cada alumno e alumna e nas súas vivencias que propiciaron un desenvolvemento integral.




Hoxe tivemos unha xornada de portas abertas para que as familias puideran achegarse á exposición a modo de produto final de "Alén do Mar".




As nenas e nenos expuxeron diante do "estand" do seu grupo a estrutura e producións do PDI na súa aula mentres pais e nais escoitaban e observaban os distintos materiais.




Grazas ás familias polo seu interese demostrado na participación activa ao longo do curso e na numerosa asistencia á actividade de hoxe. E parabéns á rapazada do Couceiro . Traballo ben feito!!!
















martes, 19 de junio de 2018

PDI "O MAR" Departamento de Orientación.

Nas aulas de Pedagoxía Terapeútica e Audición e Linguaxe estiveron a traballar ao longo deste curso moito e moi ben aproveitando os recursos do noso proxecto. 

Premede na imaxe para acceder ao seu blog

A música, os xogos, os contos , as actividades de lecto escritura ou de razoamento aproveitaron a motivación do mar para acadar o gran obxectivo que é garantir unha igualdade efectiva de oportunidades e ofrecer os recursos necesarios para que o alumnado acade o maior desenvolvemento persoal e social posible.


Crebacabezas sen peza

VA é un proxecto educativo que realizan titoras e titores na súa aula durante un curso escolar completo. Converten a súa clase nunha compañía de ópera que crea, desde cero, unha ópera ou breve peza de teatro musical. Os nenos e nenas da compañía organízanse en equipos profesionais. Escriben o libreto, deseñan a escenografía, compoñen a música, confeccionan o vestiario, realizan a campaña de prensa, recadan fondos, fabrican os decorados, crean a iluminación, etc. O obxectivo de VA coincide plenamente cos obxectivos educativos da aula: desenvolvemento cognitivo, social e emocional de nenos e nenas.




Hoxe recibimos á compañia de ópera ANDADIÑAS que está formada por nenos e nenas de 6º curso de primaria do CEIP Piñeiros é que ao longo deste curso estivo traballando no proxecto LÓVA.

A súa ópera "Crebacabezas sen peza" fálanos da amizade e da imprtancia desta.
Para conquerir este produto final traballaron ao longo do curso, da ma da titora e da mestra de E. Musical, un total de 24 nenas e nenos.
Intérpretes, escritores, documentalistas, iluminadores, compositores, escenógrafos, relacións públicas, figuristas, rexidor e directora de produción, guiados polas súas mestras, conqueriron logo dun ano de traballo a integración das disciplinas curriculares no proxecto LÓVA ,e "Crebacabezas sen pezas" é o produto final.











Noraboa e moitas grazas por achegar o seu traballo ao noso centro!

Xornal escolar "Abrente"

Xa temos a nosa revista escolar nas mans, este ano, e xa van 38!, adicada ao Certame de Poesía convocado pola nosa biblioteca. Ollade as poesías finalistas.

Illa Fantasía

Cumpríronse as predicións meteorolóxicas e choveu pero, seguindo o dito de "a mal tempo boa cara", o alumnado que participaba no proxecto Illa Fantasía bailou a danza "Kumananá" despois de escoitar a carta que YouYouTu lles enviou.
Finalmente repartimos as variñas máxicas protectoras de soños e un pequeno agasallo para cada un dos alumnos e alumnas que participaron neste proxecto de fomento da lectura.
Todos estamos moi apenados por non poder rematar como estaba previsto en Gandarío, xunto cos outros centros participantes, pero agardamos que máis ca unha suspensión sexa un aprazamento ata setembro.

sábado, 9 de junio de 2018

Recomendacións lectoras





Premede nas imaxes para obter máis información dos libros. Tamén os podedes ver nos andeis de novidades da nosa biblioteca.








































Lembra visitar o "Xardín de Pasatempos" , poderás ver todos estes libros que Güino recomenda e outros maís recén chegados á nosa biblioteca.



miércoles, 6 de junio de 2018

NAVEGANDO coas TIC´s no estudo do francés.




Ondas de Ilusión

O CEIP Couceiro Freijomil é un dos oito centros que participan en “Ondas de ilusión”,co fin de complementar as actividades que estamos a facer no noso proxecto “Alén do mar”.
Hoxe venres, recibimos, 5º A y B, a Yolanda; que nos veu dar unha charla sobre os recursos que existe no litoral: flora e fauna dos areais. Para isto presentounos a mascota Tareixa, unha ameixa coa que aprendemos moito. Vimos vídeos sobre cales eran as partes do corpo de Tareixa e como se desenvolve no medio, que compañeiros ten e onde viven (Zona intermareal).
Tamén nos falou Yolanda da contaminación no mar e contounos que é iso das “lágrimas das sereas” e ademais ensinóunolas pois o outro día colleunas na  praia de Doniños. En fin foi unha charla moi interesante. GRAZAS YOLANDA!!!!!
  




viernes, 1 de junio de 2018

Alén do Mar: Simboloxía relixiosa e historias bíblicas.

O alumnado do cole que asiste ás clases de Relixión Católica cantaron composicións relacionadas co mar, pescudaron na simboloxía relixiosa relacionada coa auga, coñeceron a Jonás e Moises e outras personaxes da Biblia relacionadas co mar... 
Estes días andan a expoñer no seu blog as  experiencias da clase dentro do PDI,   facendo unhas presentacións ben aqueladas que resumen os coñecementos adquiridos.  para que cheguen a todos nós.

 Premedo nas imaxes chegaredes ás súas presentacións:





Moitas grazas por compartir!

Exposición proxecto : Os cuartos, expertos en algas.

A rapazada de cuarto recolleu algas da nosa contorna, por Zopazos, A Macuca, na praia de Centroña, en Ber... Estudáronas, nomeáronas en galego e co nome científico.
Compartiron a súa experiencia con outros grupos, e logo do proceso de secado están a elaborar murais coas súas coleccións de algas.



Premede e veredes o que lle contaron ao alumnado de 4º


Tamén hidrataron algas mercadas nos supermercados da vila, algas que viñan secas semellaban volver á vida, ata ulían como as da ribeira!

Botádelle un ollo á entrada do seu blog onde nolo contan!



Noraboa , traballo ben feito!