Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto Intercentros Sistema Solar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto Intercentros Sistema Solar. Mostrar todas las entradas

sábado, 12 de enero de 2019

Exposición Correspondencia Espacial do 1º trimestre



Xa rematado o Nadal, voltamos ás aulas. Na escola esperaba aos nenos e nenas do Proxecto Intercentros de 4º, 5º e 6º de primaria  o correo do Sistema Solar. O Sol, e todos os planetas que xiran arredor del, recibiran a súa carta de presentación e respostáronlles.

Logo de lelo, expuxérono para toda a Comunidade Escolar.




















Agora no segundo trimestre, pendentes das actividades conxuntas cos outros centros , nas aulas de 4º investigarán na relación da mitoloxia e os planetas, nas de 5º elaboraran libros de lapelas en pequeno grupo sobre diversos aspectos do Sistema Solar, mentres en 6º centraranse nunha análise máis técnica: tamaño, densidade, órbita, escalas...

Como traballan estes "plutonianos"!

jueves, 27 de diciembre de 2018

Proxecto de Investigación Intercentros "O SISTEMA SOLAR"

O alumnado de Primaria de 4º, 5º e 6º participa representando a Plutón nun Proxecto qno que participa xunto a 9 centros de Ferrolterra con nenas e nenos de diferentes idades.



A idea partiu do CIFP "Ferrolterra" que engaiolounos co seu entusiaismo polas órbitas, medidas, escalas...compartindo con todos nós os datos técnicos elaborados polo seu grupo de Formación Profesional, e convencéndonos de  que "si o Sol esivera no patio do seu centro... a órbita de Plutón pasaría polas portas do noso".
E así máis ou menos, ata acadar unha rica e variada participación intercentros que durante o primeiro trimestre investigou para coñecer o seu astro e presentarllo ao resto.

Os participantes somos:

  • En Ferrol:
  • O Sol, CIFP "Ferrolterra"
  • Mercurio, IES "Saturnino Montojo".
  • Venus, IES, "Sofía Casanova"
  • Terra, CEIP "Recimil"
  • Marte, CEIP "Esteiro"
  • Xúpiter, IES "Canido"
  • Saturno, IES " Catabois"

  • Urano, IES "As Telleiras" Narón.
  • Neptuno, IES "Fernando Esquío" Neda.
  • Plutón, CEIP "Couceiro Freijomil" Pontedeume.
Os "plutonianos" logo de investigar na biblioteca, na rede, con axuda dos materiais compartidos...
decidimos elaborar entre as seis aulas unha carta de presentación científica e imaxinativa. Partimos dun saúdo presentando datos do noso planeta anano para pasar a desenvolver unha imaxinativa sociedade, cos seus habitantes, costumes, linguaxe...e unha despedida de Nadal.
Xuntámonos todas e todos na biblioteca para ver o traballo conxunto e enviar por correo estelar a nosa primeira aportación ao proxecto.









O último día de clase chegaron outros correos estelares máis abrirémolos todos á volta de vacacións.
Ollade aquí unha referencia do correo interestelar que chegou á Terra. Está o noso! Védelo xa encadernado?




Seguiremos informando!