O alumnado de 5º e 6º está a rematar a lectura do libro "A volta ao mundo en 80 días" de Julio Verne. O primeiro que fixeron foi investigar sobre a figura deste famoso autor.
lunes, 22 de mayo de 2023
jueves, 11 de mayo de 2023
lunes, 8 de mayo de 2023
viernes, 5 de mayo de 2023
CONTACONTOS
E como complemento do mes do libro, o 4 de maio, tivemos a sorte de contar coa presenza na nosa biblioteca de Benxamín Míguez Novoa, que desenvolveu unha actividade de animación lectora.
O alumnado de 6º de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria escoitaron atentamente as súas historias. Benxamín, deleitou á nosa rapazada con diferentes historias repartidas en dúas sesións, unha por curso.
Desfrutaron un montón dos contos personalizados que narrou, mentres facía as ilustracións dos mesmos.
Deixounos cunha moi boa sensación!
Déixovos unhas fotografías que resumen moi ben esta experiencia.
miércoles, 26 de abril de 2023
PODCAST INGLES: FAST FASHION
Presentámosvos o traballo feito na área de lingua inglesa polo alumnado de sexto curso. Nestes podcast o alumnado fala do impacto que ten a "fast fashion" no planeta e nos seres humanos.
É unha actividade que se enmarca dentro dos traballos do noso PDI anual.
Grazas pola vosa escoita. Agardamos que vos guste moito.