Mostrando entradas con la etiqueta festival. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta festival. Mostrar todas las entradas

domingo, 22 de diciembre de 2019

Bo Nadal!

Xa de vacacións, logo dun trimestre cheo de actividades que rematou cun festival ben completo. Aquí vos deixamos unhas imaxes para o recordo.

Premendo na imaxe do garda da nosa biblioteca poderedes ver os videos de todas as actuacións.




E  a través desta imaxe do moble de novidades do "Xardín do Pasatempo" poderedes consultar as recomendacións de Güino para este Nadal.



Felices festas e Bo Aninovo para todas e todos!!!


domingo, 24 de marzo de 2019

Día da Poesía e do Teatro

Xa chegou a primavera e o no noso cole adoita vir chea de teatro e de poesía.




O 21 de marzo, celébrase o Día da Poesía  De acordo coa decisión da UNESCO, o principal obxectivo desta acción é apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e dar a oportunidade ás linguas ameazadas de ser un vehículo de comunicación artística nas súas comunidades respectivas.

O alumnado de 6º B e 5º A recitou versos de Rosalía de Castro, de Manuel María, Paula Carballeira e Edita Nogueira. Escolléronos  ademais de pola súa beleza pola súa temática, a alimentación, dentro do PDI deste curso. 




O 27 de marzo festéxase o Día Mundial do Teatro. Na nosa escola o teatro nace como una ferramenta pedagóxica de 1º nivel hai moitísimos anos.

Nenos e nenas de 5ºA presentaron "A revolución das verduras" e o alumnado de 6ºA  "Farsa e xustixa do correxidor".





As nenas e nenos máis vellos do cole ao longo deste trimestre están a desenvolver a temática do PDI  "Bo Proveito" na literatura, logo de pescudar no 1º trimestre na alimentación na pintura.
Aproveitaron este festival para presentar a toda a escola algún dos produtos finais do seu traballo.

Nestes vídeos podedes lembrar as súas actuacións:









Dentro do festival, como cada ano, convocamos  o  Certame de Poesía  CEIP “Couceiro Freijomil”. E xa van once! A temática das poesías a  presentar neste certame é A ALIMENTACIÓN. 
Escoitaremos as poesías finalistas no Festival das Letras Galegas e Güino terá agasallos para todas elas.
Para ir "abrindo boca" podedes coller libros da selección que está no moble da entrada da nosa biblioteca.



Lembrade que as poesías deberanse elaborar nas aulas e presentaranse antes do 10 de maio na biblioteca.
 Moito ánimo, seguro que este ano teremos versos ben apetitosos!


jueves, 15 de marzo de 2018

Día Internacional do Mar


A Organización Consultiva Marítima Intergobernamental(OCMI) das Nacións Unidas, con sede en Londres, decidiu en 1978 que o día 17 de marzo de cada ano se celebre o Día Internacional do Mar.


A ONU nomea os Días Internacionais para sensibilizar, concienciar, chamar a atención, sinalar que existe un problema sen resolver, un asunto importante e pendente nas sociedades para que, a través desa sensibilización, os gobernos e os estados actúen e tomen medidas ou para que os cidadáns así o esixan aos seus representantes.

O 80% das  substancias que contaminan o mar teñen a súa orixe en terra. Aproximadamente un terzo da contaminación que chega aos mares empeza sendo contaminación atmosférica pero despois acaba caendo aos océanos. As verteduras son a principal fonte de contaminación das costas. Na maior parte dos países  en vías de desenvolvemento e en moitos dos desenvoltos as verteduras das cidades adoitan ir directamente ao mar sen depuración previa . 
O mar está en perigo!!!

Nos seguintes videos podedes coñecer algúns dos perigos do mar.













Mañá, venres 16,  á entrada realizaremos un pequeno acto festivo onde cantaremos e recitaremos poemas .


Comezaremos coa cantiga do mar que teñen preparada as nenas e nenos de E. Infantil.





A continuación o alumnado de 1º a 4º recitará poemas de mar que escribiron en grupo nas súas aulas.
















Remataremos coa canción que o profe Emilio está a preparar co alumnado de Primaria.








Moitas grazas a tod@s pola vosa participación!

Nesta última semana do 2º trimestre o alumnado de sexto adicouse a investigar, e plasmar a información sobre a contaminación do mar.Este tema, é de gran interese, tanto para o alumnado de sexto, coma para calquera un pouco preocupado pola contaminación de gran parte do noso planeta.

Traballamos en equipo e plasmamos as nosas pescudas nuns "lapelabooks2, libros de lapelas, ben chulos!
Comprobádeo vós mesmos!








martes, 13 de febrero de 2018

Entroido 2018: Para mariñeiros, nós!

A rapazada do Couceiro tomou en serio o de vivir nunha vila mariñeira .
Este ano o Carnaval xirou arredor do mar e dos profesionais do mar. Protagonizaron as diferentes comparsas.submarinistas, peixeir@s, mariñeir@s etc.

Para abrir boca o "Esqueleto Manolo" cos seus mandadiños fixo que tod@s, día a día, nos converteramos en mariscadores e mariscadoras.
 Que sabio este Manolo con esta pequena homenaxe a moitos pais e nais do cole que traballan na marea!





Mentres nas aulas íanse elaborando os disfraces, e ensaiando as cantigas e bailes.













Ollade os dípticos coas letras das cancións que se lle entregaron ás familias que nos acompañaron no Festival do Antroido.




Magoa que o venres o tempo non acompañara e non poideramos facer o "pasarúas" pola vila , mais a mal tempo..
Ruada non houbo;  pero que ben o pasamos no desfile polo corredor e nas actuacións das comparsas no pavillón!
Acompañados polos saltimbanquis que mandou o Concello, por un grupo de pais e nais a modo de charanga abrindo o desfile e por un público entregado, festexamos o Antroido baixo teito.





Despois de tanto movemento repuxemos forzas nas aulas con a degustación das diferentes sobremesas propias do Antroido Eumés achegadas polas familias.



Ademais degustamos as conservas de coco que posúen unposto moi signifecativo dentro dos doces criollos venezolanos, achegou esta sobremesa unha familia recen chegada de Venezuela.

                    
E mentres celebramos o Entroido nas nosas casas, lembrade preparar o loito polo fin da festa.
O xoves queimamos o Antroido mentres choramos a súa morte cantando  a cantiga tradicional de Pontedeume: XA MORREU!












Grazas a toda a Comunidade Educativa pola súa participación entusuasta!

miércoles, 20 de diciembre de 2017

NADAL NA ESCOLA


Xa que estamos no Nadal
bota ao vento unha semente,
que no ano novo nacente
terá tempo a xermolar.

Que teñas nos ollos paz
e da túa boca valente
na lingua da nosa xente
saian palabras de amar
(Antón Cortizas)


Agora que os días son moi curtos e as noites longas, agora que chegou o frío á nosa vila, agora que se achega o inverno, é o tempo do Nadal.




Na nosa escola estivemos tod@s ben atarefados, cantando panxoliñas, preparando bailes, ensaiando obras de teatro, decorando aulas e corredores,...



En coordinación co EDLG, alumnado de todas as idades elaboraron calendarios de peto coa temática do proxecto deste curso. Premede na imaxe e accederedes a máis información da actividade.



Todo este tempo de traballo en equipo, de lecer aprendendo, de alegría e nervios trouxonos ao final do trimestre ás portas das merecidas vacacións, ás que recibimos como cada curso con un festival, O FESTIVAL DE NADAL.





















Agradecemos o participación de toda a Comunidade Educativa. Entre tod@s conseguimos que cada ano chegue o  Nadal a nosa escola.







Aquí queda unha pequena mostra do vivido estes días.