Os nenos e nenas de terceiro e cuarto fixeron unha saída ás Fragas do Eume.
Alí viven moitos animais. Se premedes na imaxe atoparedes a información que traballaron os vosos compañeiros e compañeiras.
Os nenos e nenas de terceiro e cuarto fixeron unha saída ás Fragas do Eume.
Alí viven moitos animais. Se premedes na imaxe atoparedes a información que traballaron os vosos compañeiros e compañeiras.
Sabedes quen anda polo "Xardín do Pasatempo"?? Si, si .... Bolboreta Pipeta.
Aquí a tedes, cun "enigma ingenioso" que podedes pensar e deixar as vosas aportacións. A ver quen resolve o primeiro enigma.
QUE É TAN FRÁXIL, QUE ROMPE CON DECIR O SEU NOME?
Que curioso!! Que pode ser???
Güino.
Novembro, Mes da Ciencia en Galego. Bolboreta Pipeta deixou os retos xunto aos fondos científicos que axudan a investigar, descubrir, aprender ...
Estou moi contento, pois vexo que estades saíndo a investigar e a descubrir novos conceptos científicos. Algúns estivéchedes xa, nas Fragas do Eume, outros por Narón, polo MUNCYT ... Moito ánimo e recordade que estes libros pódenvos axudar.
Güino,
Se queredes libros para saber mais sobre o Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero, montamos unha exposición con fondos desta temática.
O cartel que anuncia a citada exposición é moi especial.
O vindeiro luns temos planeada unha Andaina Violeta pola rúa da nosa vila (se as condicións metereolóxicas o permiten) para a conmemoración desta data.
Dende a Bibliocouceiro deixo aquí diferentes contos que nos poden axudar a traballar nas aulas ou en casa co noso alumnado.