martes, 15 de febrero de 2022

8 MARZO: MULLERES NA ARTE

 


O 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller, un día para loitar pola igualdade, a participación e o empoderamento da muller en todos os ámbitos da sociedade. Celébrase en moitos países do mundo. Nalgúns destes países é festa nacional. No CEIP Couceiro Freijomil tamén celebramos este día.







lunes, 14 de febrero de 2022

COÑECEMOS JOSEBA MURUZABAL

Estades traballando moito dentro do noso PDI anual que como sabedes leva por título +ARTE.

Os nenos e nenas de 3º e 4º están investigando sobre Joseba Muruzabal.

No seguinte enlace atoparedes máis información.

 https://facendoescolanocouceiro.blogspot.com/2022/02/pdi-arte-biografia-de-joseba-muruzabal.html

jueves, 10 de febrero de 2022

UN ENTROIDO CHEO DE COR

Xa estamos no tempo de Entroido e mentres preparamos o disfraz inspirado no Pontedeume dos Andrade aló polo medievo para vir disfrazados  o venres, imos collendo marcha cos "Mandadiños de Manolo". O noso esqueleto Manolo, ano tras ano, vainos guiando por este tempo de Entroido!

O Entroido vístese de ARTE, e xa queda pouco para preparar o noso disfraz!

Os nenos e nenas de infantil pintarán as súas camisetas.

O alumando de 1º e 2º prepáranse para ser pinceis.

A rapazada de 3º e 4º inspíranse en Joseba Muruzábal e a súa colección Fenómenos do Rural

https://facendoescolanocouceiro.blogspot.com/2022/02/pdi-arte-preparando-o-entroido-para-ser.html

Os maiores da escola, 5º e 6º, traballarám a Miró e Picasso e os seus disfraces xirarán arredor desto.

















lunes, 7 de febrero de 2022

ROSALÍA DE CASTRO

O Día de Rosalía de Castro pasará a celebrarse o 23 de febreiro, auténtica data de nacemento da poeta.

Desde a biblioteca queremos compartir distintos documentos para que nas aulas poidades achegarvos máis á figura desta escritora e poeta galega, figura indispensable da literatura española. Atoparedes un documento para poder facer individualmente ou en equipo






 

Se queres saber máis sobre esta autora preme nas imaxes.



A ROSALÍA

Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.

E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!

A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu…

Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!

Manuel Curros Enríquez









11 DE FEBREIRO DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

O 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, proclamado pola ONU no ano 2015.

O obxectivo principal deste día tan especial é lograr unha maior participación e inclusión das mulleres e as nenas no mundo da ciencia e a tecnoloxía e desta maneira romper coa brecha de xénero.

Actualmente, nalgúns países do mundo, existe unha loita de xéneros, onde aínda á muller négaselle a participación en disciplinas como a tecnoloxía, as ciencias ou as matemáticas, só por enumerar algunhas.

Por esta razón, este día foi decretado, para darlle voz e un lugar, ás mulleres e ás nenas en todo o planeta e que teñan un rol protagonista en certas áreas da ciencia, que resultan esenciais para o desenvolvemento humano.

Este ano 2022 trabállase para conseguir que as mulleres e as nenas formen parte da ciencia como axentes do cambio. O tema para 2022 é "Equidade, Diversidade e Inclusión: A auga únenos".


O papel da muller na ciencia, a través da historia, foi fundamental no descubrimento de grandes achados en distintos campos como a medicina, a física, a tecnoloxía e dos cales, hoxe a humanidade séguese beneficiando.

Estas mulleres dedicaron toda a súa vida, á investigación científica. Con todo, en moitos casos, os seus traballos foron acreditados a homes, nunha época onde a muller non era valorada nin considerada importante dentro da sociedade.

Con todo, o esforzo e traballo de todas estas mulleres seguen deixando pegadas para as futuras xeracións e marcaron un antes e un despois na historia da ciencia e a tecnoloxía.

De seguido tedes algúns vídeos para saber máis sobre este tema.








Premendo na imaxe atoparedes  fichas para colorear.