Con motivo da próxima celebración do Día das Letras Galegas 2026, o alumnado de 3º participou na gravación dun audio moi especial para a nosa radio escolar. Nesta ocasión, o programa estivo dedicado á figura de Begoña Caamaño, escritora, xornalista e muller comprometida coa lingua e coa cultura galega.
O Día das Letras Galegas celébrase cada ano o 17 de maio e é unha data moi importante para todas e todos nós. É un día para poñer en valor a nosa lingua, lembrar a importancia de falala, coidala e transmitila, e coñecer mellor a obra das persoas que contribuíron á literatura e á cultura de Galicia.
Neste audio, o alumnado achegounos dun xeito claro, divertido e moi didáctico á vida e ao legado de Begoña Caamaño. Faláronnos da súa relación co galego, do seu traballo na radio e no xornalismo, da importancia das palabras e do papel das mulleres nas historias. Tamén nos lembraron que o galego serve para contar, pensar, emocionar, aprender e soñar.
Cómpre destacar o gran traballo realizado polos nenos e nenas. Fixérono incriblemente ben: leron con claridade, respectaron as quendas, puxeron entusiasmo nas súas voces e conseguiron transmitir a importancia desta celebración. Foi unha experiencia moi bonita, na que demostraron que tamén desde a escola podemos facer que o galego soe con forza, alegría e orgullo.
Parabéns a todas e todos os participantes polo seu esforzo, pola súa ilusión e por facer da nosa radio escolar un espazo vivo para compartir aprendizaxes.
Premede no audio e gozade deste programa especial das Letras Galegas 2026!
Un ano máis o alumnado de sexto preséntanos ao persoeiro ao que se lle adican as Letras Galegas: Florencio Manuel Delgado Gurriarán.
Achegáronos este vídeo sobre a súa vida e obra realizado polo CEIP de Seixalbo que vale para todo o alumnado dende os máis pequerrechos ata á rapazada de sexto.
No "Xardín do Pasatempo" realizamos estoutro para aqueles que queiran saber máis da vida e obra do autor.
Como este curso estamos a traballar na arte dende o PDI, as nenas e nenos de sexto centráronse na súa obra lírica recitando oito poemas seleccionados de tres das súas obras máis representativas.
Este ano, pandemia obriga, a presentación non pode ser presencial, polo que gravaron esta videomontaxe cunha pequena análise e o recitado da escolma poética de Florencio M. Delgado Gurriarán.
Xela Arias é a autora homenaxeada na edición 2021 do Día das Letras Galegas. Así o decidiu a Real Academia Galega, que destaca á poeta sarriá como "unha voz singular da xeración que anovou nos anos 80 a poesía galega en temas, estilo e forma", subliñando ademais "o seu labor pioneiro na tradución ao galego de clásicos universais e como editora". Xela Arias convértese na quinta muller homenaxeada no Día das Letras Galegas nos 58 anos desta celebración, despois de Rosalía de Castro (1963), Francisca Herrera Garrido (1987), María Mariño (2007) e María Victoria Moreno (2018).
O alumnado de 6º cada ano tras ano presenta no Festival das Letras Galegas á autora ou autor homenaxeado. Este curso non ía ser menos e realizaron esta videomontaxe para achegar a figura de Xela Arias a grandes e pequenos.
As nenas e nenos de Ciclo Medio adoitaban facer os decorados do festival.Este ano, o seu profesorado proponnos unha actividade diferente. Consiste en realizar catro probas moi sinxelas ao longo desta semana e dentro das aula para conseguir unha ficha dun puzzle tamaño xigante e poder completar un mural que quedará exposto na cortiza que hai na saída ao patio exterior de Primaria. Aquí tedes o cartaz desta actividade:
E aquí vos deixamos fotos do desenvolvemento de diferentes momentos desta actividade e ligazóns a esta experiencia recollida noutros blogs:
O alumnado de 5º fixo unha carta ao Director da Voz de Galicia, como un exercicio de reflexión e de redacción, sobre o uso na prensa escrita da nosa lingua, primeiro individual e, logo dunha posta en común, como tarefa de grupo. O 17 de Maio, Día das Letras galegas, viron a súa carta publicada na Voz de Galicia! Aquí nola deixan.
Na biblioteca tedes a vosa disposición libros de e sobre Xela Arias para todas as idades:
Para saber máis sobre Xela Arias preme na imaxe:
Seminario Galán
Tamén podedes coñecer a Xela Arias ao son da música.
O alumnado de 6º como cada ano vainos presentar ao persoeiro ao que están adicadas as Letras Galegas deste ano : Ricardo Carvalho Calero. Para saber moito máis e realizar actividades on line e para imprimir visitade esta páxina e buscade as axeitadas para a vosa idade:
Preme e aprende!
Güino ten unha proposta para toda a Comunidade Educativa, para todas as familias e para todo o profesorado: Como dicía Manuel María "Galicia somos nós: a xente e mais a fala”. Pois nós, a xente do Couceiro, cadaquén dende a súa casa, imos escoller unha palabra galega especial, pola súa sonoridade, polas lembranzas que nos trae, polo que representa... Entre tod@s faremos unha SEMENTEIRA DE PALABRAS o 17 de MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS Queredes? Atendede como o podemos facer :
Escolle a palabra galega especial para ti. Ollade que palabra elexiu Güino!!!
Nun folio horizontal escribe a palabra dentro dun gran xigante, dentro dunha gran semente.Podes darlle cor pero que se vexa ben a palabra con letras grandes e claras.
Colle outro folio e tamén en posición apaisada fai un debuxo do que significa para ti esa palabra que queres sementar para que non se perda.
Cando teñades os dous folios ben rematados mandades as imaxes, escaneadas ou fotografadas a: elefantescouceiro@gmail.com
Para facer a SEMENTEIRA apañaremos palabras ata o mércores 20 de maio. Escribide na parte baixa dos folios o voso nome e curso, o alumnado.
Non chegues tarde!
Este curso teremos actos ben diferentes a outros anos, non haberá muiñeira no patio, pero si teremos música:
Non teremos apadriñamentos lectores pero si haberá contos:
Un dos Bolechas sobre o autor:
Preme e le!
E outro conto do propio Carvalho Calero que a editorial ferrolá EMBORA cedeu gratuitamente:
E por suposto si estamos de FESTA ten que haber xogos, que compartimos doutras bibliotecas amigas, que nos axudarán a coñecer máis sobre a vida e obra do autor:
Feliz Día das Letras Galegas! Mil primaveras máis para a nosa lingua!
Hoxe foi o Festival das Letras Galegas en 1º lugar a rapazada de 6º achegounos ao persoeiro ao que está adicado este ano o Día da Letras Galegas, Antonio Fraguas Fraguas.
2ª parte:XI Certame Poesía "Couceiro Freijomil":
Dende hai 11 anos neste día lense as poesías finalista do Certame de Poesía. CEIP “Couceiro Freijomil”convocado no Festival do Teatro e da Poesía
Este curso todas as poesías fálannos das comidas, dende o almorzo ata a cea pasando pola parva do recreo; das froitas, do peixe, da carne e tamén das larpeiradas.
Poesías cheas de azucre, e sal, de sobremesas e primeiros pratos. e todas elas deséxannos Bo proveito!
E.I. "Da horta á mesa"
As mestras do equipo da biblioteca transmítennos os seus parabéns para todo o alumnado do colexio por cada un dos versos achegados a este XI Certame de Poesía CEIP “Couceiro Freijomil”.
Tamén queren agradecer aos titores e titoras que traballaron a poesía nas súas aulas, pois alén de incentivar a lectura, levan aos seus alumnos e alumnas mesmo a mergullarse nese mundo marabilloso do poema, como forma de se expresar, reivindicar, falar ao mundo, do mundo, ou do seu propio mundo.
A vindeira semana estará nos andeis de produciñon propia da biblioteca un libro recompilatorio deste certame.
Para rematar o Festival entregáronse tamén os premios do Álbum Bilingüe.
Esta actividade encheu, ao soar a sirena do recreo cada día desta primavera, de cromos, balbordo e ledicia, a entrada do noso cole.
As profesoras que coordinaron esta actividade fixeron entrega dos premios aos primeiros grupos que completaron o álbum co vocabulario en galego e inglés do PDI deste curso. Premios que son para todas as aulas pois todos e todas participamos con entusiasmo.
Mais a mañá traíanos máis sorpresas : Apadriñamentos lectores: Aínda que hai anos que temos a actividade de "Ler aos máis pequenos" hoxe fíxose extensiva a toda a escola e sacámolas das aulas cara fóra, que ben o pasaron tanto oa padriños e madriñas como afillados e afilladas compartindo lectura.
Para rematar a festa nada mellor que bailar. O alumnado de 4º de Primaria aprendeunos a danza que compartiron hai uns días nunha fermosa actividade "Un mar de muiñeiras" con outros colexios de Ferrolterra.
Aquí vai o resumo visual da nosa mañá:
Queremos agradecer a participación do alumnado e a estreita colaboración entre os Equipos de Dinamización da Lingua Galega, de Actividades Complementarias, das TIC¨s e do Equipo da Biblioteca Escolar. Sen todos vós este acto non sería posible.
O pasado 16 de maio, no Festival das Letras Galegas, fallouse o Certame de Poesía do noso cole.
Güino logo de ler e escoitar todas as poesías que falaban do mar, achegadas dende todas as aulas, escolleu as seguintes como gañadoras.
Este curso todas as finalistas publicaranse no "Abrente", o noso xornal que está a preparal o E. de Dinamización da Lingüa Galega. Ademais o Equipo da Biblioteca elaborou tres volumes con todas as poesías participantes que xa están nos andeis da nosa biblioteca.
Xornal Escolar , xa está no prelo!
Lembramos nestas imaxes o Festival das Letras Galegas, onde o alumnado de 6º presentounos a Mª Victoria Moreno, na 1º parte. Na 2ª parte recitáronse as poesías finalistas e o Equipo da Biblioteca entregou os agasallos que Güino preparou como premio do X Certame De Poesía Couceiro Freijomil.
Benvid@s un ano máis ás actividades desta Festa da Lingua. Este ano "Letras Galegas en feminino", pois están adicadas a María Victoria Moreno.
Güino atopou unha liña do tempo ben completa que fixo a rapazada do IES San Paio de TUI. Premede na imaxe e veredes que información sobre a autora, a súa vida e obra. Ainda que para saber moito máis da obra o cartel constelación.
Ademais no blog de Dinamización da Lingua Galega do noso cole , "A Casqueira", atoparedes presentacións, xogos interactivos, e outros recursos educativos que achegaranvos a un coñecemento máis profundo de Mª Victoria Moreno
E como na nosa terra toda boa festa ten a súa cantarela aquí queda unha poesía de Mª Victoria Moreno musicada por "Fuxan os Ventos"e a "Brinca Vai" coa cantiga que cada curso pecha o noso Festival das Letras Galegas "Meu o mundo é".
Ide practicando!!!
Agardamos por todos vós o 16 de maio no FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS, onde ademais da homenaxe á vida e obra de Mª Victoria Moreno, leranse as poesías finalistas do X CERTAME DE POESÍA COUCEIRO FREIJOMIL e entragaranse os premios.
O alumnado de Relixión Católica do noso cole dentro do Proxecto das Fragas do Eume investigou sobre San Rosendo e a súa relación co Mosteiro de Caaveiro.
Os de 6º A elaboraron unha presentación sobre a lenda que este Santo protagoniza. Presentárona para toda a Comunidade Educativa no Festival das Letras Galegas.
Aquí tamén podemos ver todos o Power Point con que acompañaron a súa presentación.
Ben sabedes tod@s que este ano o Día das Letras Galegas se lle adica a Carlos Casares.
No Día do Teatro asistimos á representación dunha das súas obras máis coñecidas "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas"
Lembrades?
No noso corredor da planta baixa no Taboleiro da Lingüa xa podedes visitar a exposición de carteis sobre a súa vida e obra.
E na biblioteca, na Exposicion das Letras Galegas, podedes ler ou ben levar emprestadas calquera das obras de que dispoñemos, dalgunhas temos varios exemplares.
Tamén están libros que Casares non escribiu pero traduciu ao galego como" O Principiño" que tamén podedes ver na súa exposición.
O alumnado de 1º, 3º e 4º asiste en Ferrol ao Correlingua.
O Correlingua é unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar á mocidade e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro.
Este curso a Marcha pola Lingua no exterior non puido ser por mor da climatoloxía, mais tod@s pasárono xenial, no Auditorio de Caranza, escoitando as cantigas de Pablo Díaz e apoiando o Manifesto pola Lingua lido por nenos e neas do CEIP "Centieiras"
Graza tanto aos organizadores do acto como ao Concello que facilitou o desprazamento.
Fantástica organización!
Premendo na imaxe visitaredes, o Blog de Normalización Lingüística do cole "A Casqueira",. Alí acadaredes a información que seleccionaron para vós sobre o Día das Letras Galegas.
Aquí vos deixamos ademais unhas actividades, recompiladas polo CEIP "Mestre Valverde Mayo" de Pontevedra, sobre Casares.
Hai información para ler, outra para ver, gravada polos nenos do cole; e tamén actividades interactivas para xogar despois de informarvos con todo o anterior.
Para rematar Güino convídanos ao Festival das Letras Galegas o vindeiro venres 19 de maio:
1ª Parte:
Presentación de Carlos Casares. (Alumnado de 6º de Primaria)
IX Certame de Poesía "Couceiro Freijomil" Lectura de poesías finalistas e entrega de premios.
Muiñeira de Cardelle ( Cantiga adaptada e interpretada por un grupo de nenas de 6º de Primaria)
2ª Parte:
Exposición de traballos realizados dentro do Proxecto "As Fragas do Eume"
Audiovisual do alumnado de Relixión Católica sobre a "Lenda do Anel de San Rosendo"
5ºB representa "O anel de San Rosendo".
"A fraga das árbores das palabras", pequena peza teatral preparada por 4ºB.
Xa pasou o gran DÍA!!!
Que ben saíu todo! Lembrades que poesías tan fermosas, a Lenda do anel de San Rosendo, as obras de teatro de 4º e 5º B e o traballo dos nenos e nenas de sexto. Eles foron os condutores do festival. fixeron a presentación da vida e obra de Casares e, amenizaron o festival as tres cantareiras, tamén de sexto.
Aquí vos deixamos unha montaxe coas fotos do festival:
Aquí vos deixamos unha montaxe coas fotos do festival:
No Certame de Poesía entre todas as presentadas, houbo que decidir cales ían ser as premiadas . O Equipo da Biblioteca tívoo ben dificil. Foron as seguintes.
Este ano o día das Letras Galegas está adicado ao poeta outeirés Manuel María.
No noso centro xa levamos un tempo facendo a nosa pequena homenaxe ao autor, xa que moitas das actividades que temos realizadas xiran en torno a el.
Co comezo do ano, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, fíxose un pequeno concurso entre o alumnado de 5º e 6º de primaria que presentou debuxos baseados nas obras de Manuel María. Todos os traballos presentados foron estupendos, pero escolléronse tres cos que ilustrar os calendarios do ano 2016.
Ademáis, como xa sabedes, tamén adicamos o Día da Poesía as obras do autor indo a recitalas polas rúas da vila.
Os actos da conmemoración do Día das Letras Galegas comezaron o mércores 18. Durante esta semana entramos na escola escoitando os poemas musicados de Manuel María e o recitado de poemas dos que se encargaron os membros do equipo directivo.
O venres, no acto principal, o alumnado de 6º de primaria encargouse de presentarnos a vida e obra do autor a través duns traballos plásticos que realizaron na aula.
Despois deste acto, e descansar un poco no patio, saímos a entrada do cole para rematar a actividade proposta polo Equipo de Dinamización, "Conserva a túa palabra". Trátase de facer unha cápsula do tempo na que soterramos un libro feito coas palabras galegas favoritas de cada quen. Quizais os vosos netos descobran dentro de moitos anos que ao seu avó gustáballe a palabra "vagalume" ou a súa bisavoa "grazas".
Na biblio temos unha copia deste traballo conxunto para que poidades buscar a vosa palabras descobrir cal é a palabra favorita dos compañeiros.