Mostrando entradas con la etiqueta formación usuarios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta formación usuarios. Mostrar todas las entradas

lunes, 23 de enero de 2023

lunes, 10 de octubre de 2022

AXUDANTES DE GÜINO

Unha das nosas primeiras actividades deste mes de outubro é a formación de axudantes da biblioteca. Voluntarias e voluntarios de 5º curso de Primaria que serán os encargados de  axudar no tempo de recreo ao profesorado encargado da biblioteca e no momento lector por quendas farán o mantemento dos nosos andeis.

Moitas grazas a todas e a todos pola vosa axuda.






martes, 20 de septiembre de 2022

KOHA

A nosa biblioteca, xunto con outras bibliotecas PLAMBE (plan de mellora das bibliotecas escolares) sumouse á implantación do sistema de xestión Koha, baseado en software libre e cunha xestión dos espazos e recursos máis libre e  flexible. Trátase dun proxecto nas primeiras fases de execución para bibliotecas escolares dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta, apoiado pola AMTEGA. +info. en Xercode

A continuación deixámosvos videotitoriais para ensinarvos o funcionamento da nosa Biblioteca de agora en adiante.

PRÉSTAMOS




DEVOLUCIÓNS

CATALOGACIÓN






lunes, 27 de septiembre de 2021

ESTOU A ESPERAR AS VOSAS MENSAXES

 

Como cada ano iniciamos este mes de setembro con moito traballo na nosa biblioteca.

Están feitos e repartidos os carnés para alumnado e profesorado de nova incorporación. Esperamos vervos moi pronto no noso "Xardín do pasatempo".

Para todos os que queirades atopar ou buscar se temos no noso catálogo un libro, podedes clicar na pescuda que atoparedes no lateral esquerdo do noso blog. Ademais deixovos unha ligazón para que accedades desde a seguinte imaxe a un documento onde atoparedes un tutorial para manexarvos no uso do MEIGA.




 SUXERENCIAS: 


Encantaríame recibir as vosas mensaxes. Nelas podedes facerme suxestións para mellorar a nosa biblioteca, propostas para adquirir libros que vos gustaría que tivésemos nos nosos estantes ou calquera outra cousa que se vos poida ocorrer. O obxectivo é facer da nosa biblioteca un espazo marabilloso onde poder desenvolver toda a vosa creatividade e aumentar o voso amor pola lectura.

Para todo iso tedes á vosa disposición un correo electrónico, é o seguinte:

bibliocouceiro@gmail.com

O voso amigo Güino.

Bicos.

jueves, 10 de septiembre de 2020

Comezamos!!

 


Xa estades a piques de voltar á escola
. Este ano, como ben sabedes, vai der diferente por mor do coronavirus. No cole temos o protocolo "anticovid". Seguindo as normas de seguridade que inclúe, axiña esta situación pasará a ser un pesadelo do pasado.

Na biblio estamos en obras, están a poñernos un tellado novo pois as continuas pingueiras facían que os andeis se mollaran, as luces fallaran, ás veces quedaran espazos inutilizados...

Ata que rematen as obras, non podemos abrir o "Xardín do Pasatempo", mais permaneceremos en contacto a través desta xanela.

Adiántovos as normas de uso da biblio dentro da "nova normalidade".


Estade atentos, temos moitas novidades.

Que teñades un bo curso.

ATA PRONTO!

viernes, 5 de junio de 2020

Rematando o curso!

Boas "couceiristas"!
Xa se achega o fin de curso. Este ano, máis que nunca, merecedes un bo verán logo deste tempo tan duro de confinamento e teletraballo.

Antes de despedirnos precisamos que nos axudedes en dúas cousas:

  • Por favor, o alumnado de 3º a 6º  e o profesorado, podedes botarnos unha man para valorar o funcionamento da biblioteca neste estraño curso? Si? Pois cubride a  enquisa correspondente ao voso grupo. Premendo as imaxes podedes facela só unha vez entre o 8 e o 12 deste mes. 







    • E todos e todas, dende os máis pequenos de E. Infantil ata os máis vellos de E. Primaria, lembrade traer os libros que leváchedes como préstamo da biblioteca o día que veñades á escola a recoller o material. Os que teñades as "Mochilas Viaxeiras" debedes achegalas ao colexio. Por seguridade puxemos os mobles de devolucións na entrada principal para que deixedes os libros.


                                    


    Lede as instrucións!


    Por último, Güino desexa que proveitades este tempo de verán para pásalo moi ben. Tédelo merecido, especialmente este ano logo dun curso tan duro. Gozade da natureza, das amizades, do deporte… E adicarlle tempo á lectura que vós levará a mil e un lugar. Aquí tedes as súas recomendacións!













    Moitas grazas pola vosa colaboración sempre na vida do noso "Xardín do Pasatempo" e parabéns pola vosa participación nas actividades propostas dende que se decretou o confinamento.

                                                  ATA O CURSO QUE VÉN!





    lunes, 23 de septiembre de 2019

    GÜINO xa ten novos axudantes!

    Hoxe á mañá e logo de días de reflexión ante unha nova responsabilidade formáronse os equipos de axudantes de Güino. Nove ou 10 nenos e nenas de 5º de Primaria que cada día van dedicar 10 minutos do seu tempo a traballar en grupo para que:

    •  O "Xardín do Pasatempo" estea ordenado
    •  Para levar as mensaxes do garda da nosa biblioteca
    •  Para representalo sempre que sexa necesario, etc.


    Co obxectivo de involucrar ao alumnado na colaboración, na organización e xestión da biblioteca escolar e despois de explicarlles en que vai consistir o seu traballo, acceden con ilusión e entusiasmo a esta actividade colaborativa tan necesaria para a biblioteca pero desenvolvida dun xeito case lúdico.
    Ollade os novos equipos!






    Os usuarios e usuarias ademais de agradecerlle o seu traballo temos que facilitrallo deixando as devolución na súa caixa correspodente cando devolvamos os préstamos e procurando deixar sempre a biblioteca polo menos tan ben como a atopamos ao chegar.
    Entre todos e todas conseguirémolo!

    Abrimos o 1º de outubro! Feliz curso!

    jueves, 20 de junio de 2019

    Fin de curso!

    Xa chega o verán e mañá rematan as clases. Hoxe tivemos un acto de valoración e agradecemneto da participación nas actividades da biblioteca.
    Entregamos diplomas e pequenos agasallos aos "Axudantes de Güino", á participación nos "Clubs de Lectura" e ao neno e á nena "Máis Lector e Lectora".
    Tamén presentamos as "Recomendcóns Lectoras " que realizaron en formato de" Booktraile" a rapazada dos clubs de lectura de 6º.






    Grazas a tod@s!!






    Ademais como fin do PDI "Bo Proveito" temos a exposición dunha seleccións de materiais elaborados en todas as aulas e por todos os equipos do centro, aberta a toda a Comunidade educativa.
    Dende E. Infantil ata 6º curso, dende a Biblioteca a EDLG, D. de Orientación, Aulas Bilingües,...
    Todos e todas traballamos mán con man ao longo deste 2019/18













    Parabéns. Feliz verán!

    martes, 28 de mayo de 2019

    Achégase o Fin de Curso



    A piques de rematar maio temos que pensar na recollida da biblioteca:


    • Revisaremos os préstamos e facemos últimas devolucións.

    • Faremos xa o último cambio das Maletas de Güino.

    • Revisaremos as Maletas Viaxeiras que xa visitaran a todas as familias e baixaremolas para o "Xardín do Pasatempo"


    Güino e o Equipo de Axudantes da Biblioteca terán que deixar todo ben colocado, catalogado e organizado cara o curso que vén, polo que agradecen a vosa colaboración para entre todos e todas facer unha biblioteca ordenada e acolledora onde poidamos pasar tempos de lecer e aprendizaxe.




    Veñen de ampliar e reestruturar a sección de E.I., onde tamén lemos nos recreos os de Primaria ou facemos diferentes actuacións, contacontos, presentacións, clubes de lectura, etc.
    Mirade que ben quedou!




    Güino ten gardada no peto algunha sorpresa máis cara o curso que vén! Para axudar ao Equipo da Biblioteca no labor de recoller e preparar as novidades cara o vindeiro curso a partires do 3 de xuño a biblioteca permanecerá pechada nos recreos.
    Tedes na marxe esquerda unha enquisa para coñecer a vosa opinión sobre o funcionamento da biblioteca. É para o alumnado de 3º a 6º e para o profesorado.


    Grazas pola vosa colaboración! 

    jueves, 28 de marzo de 2019

    Choiva de ras na biblioteca.

    Onte visítou o Club de Lectura dos quintos, Ánxela Loureiro. Autora do libro que están a ler: "Choiva de ras".

    Preme e infórmate!








    Chegou ao "Xardín do Pastempo" coa guitarra ao lombo e tamén con fantasía, poesía, música e marcha, moita marcha. 

    As nenas e nenos do club de lectura da man de Ánxela souberon o que é unha verdadeira choiva de ras.



    Que é dentro dun conto un protagonista e un antagonista. Quen é que dentro da marabillosa historia protagonizada pola ra RaMona. 




    Mais tamén, guiados pola guitarra de Ánxela, converteron a poesía que enche a historia de Ramona  en pequenas cantigas que a escritora aprendíalles entre explicación e explicación.


    O alumnado gozou dunha sesión diferente do club de lectura que continuará dirixido poe Alejandra, Lucía e Sonia, mestras do equipo da biblioteca. Pero agora que xa coñeceron á autora e a súa obra lerán as aventuras de RaMona cunha ollada diferente.


    Para rematar a xornada fixeron preguntas, bailaron é Ánxela asinoulles os seus libros.

    Grazas ao alumnado pola entusiasta participación, ás profes que dirixen os clubes de 5ºA e 5º B e sobre todo a Ánxela por compartir o seu tempo con nós.
    Parabéns!


    miércoles, 10 de octubre de 2018

    En marcha!!!

    Xa temos a biblioteca funcionando a tope:

    Cada grupo accedeu por primeira vez para coñecer as novidades deste curso e lembrar as normas de outros anos:


    • Houbo cambios na sección de audiovisuais.

    • Temos un novo revisteiro, máis amplo o que permite unha mellor estruturación e visión de xornais e revistas.


                                         
    • A sección de Publicacións Propias tamén ampliou o seu espacio.


    • E por último, xa temos "marcasitios", utilizaranse durante o tempo de recreo, para entre tod@s facilitar o traballo dos "Axudantes de Güino" e que a nosa biblioteca permaneza o máis ordenada posible.






    O alumnado de 5º de Primaria formou 5 grupos de voluntariado para cada día axudar a Güino na labor de mantenimento e dinamización do "Xardín de Pasatempo". Aquí os tedes o primeiro día posando cos seus petos logo de dúas sesións nas quecoñeceron as tarefas que terán que realizar ao longo do curso.

     Eles e elas son os "Axudantes de Güino"










     . Cada día en grupos de 7 ou 8 nenos e nenas mirarán logo do recreo polo coidado da nosa biblioteca.







    Outros días axudarán a Güino a repartir mochilas, achegar maletas, presentar diferentes actos da biblioteca...

    Moito ánimo para tod@s e grazas pola vosa colaboración!