Boas "couceiristas"!
Xa se achega o fin de curso. Este ano, máis que nunca, merecedes un bo verán logo deste tempo tan duro de confinamento e teletraballo.
Antes de despedirnos precisamos que nos axudedes en dúas cousas:
- Por favor, o alumnado de 3º a 6º e o profesorado, podedes botarnos unha man para valorar o funcionamento da biblioteca neste estraño curso? Si? Pois cubride a enquisa correspondente ao voso grupo. Premendo as imaxes podedes facela só unha vez entre o 8 e o 12 deste mes.
- E todos e todas, dende os máis pequenos de E. Infantil ata os máis vellos de E. Primaria, lembrade traer os libros que leváchedes como préstamo da biblioteca o día que veñades á escola a recoller o material. Os que teñades as "Mochilas Viaxeiras" debedes achegalas ao colexio. Por seguridade puxemos os mobles de devolucións na entrada principal para que deixedes os libros.
Lede as instrucións! |
Por último, Güino desexa que proveitades este tempo de verán para pásalo moi ben. Tédelo merecido, especialmente este ano logo dun curso tan duro. Gozade da natureza, das amizades, do deporte… E adicarlle tempo á lectura que vós levará a mil e un lugar. Aquí tedes as súas recomendacións!
Moitas grazas pola vosa colaboración sempre na vida do noso "Xardín do Pasatempo" e parabéns pola vosa participación nas actividades propostas dende que se decretou o confinamento.
ATA O CURSO QUE VÉN!
Moitas grazas pola vosa colaboración sempre na vida do noso "Xardín do Pasatempo" e parabéns pola vosa participación nas actividades propostas dende que se decretou o confinamento.
ATA O CURSO QUE VÉN!
3 comentarios:
un trabaixo moy ben feito seguir asi porfavor facede mais retos como o de o dia do libro o de deporte gustounos moito pero queremos mais #maisretoscouceirofreixomil
#maisretoscouceirofreixomil estoy de acuerdo con ese anonimo me encantaron los retos y quiero mas porfaaa
si soy una almuna y me gustaria que hubiesen mas #maisretoscouceirofreixomil
Publicar un comentario