miércoles, 18 de diciembre de 2024

NO SEGUNDO CICLO, TRABALLAMOS COA CIENCIA

 Neste trimestre, os menos e as nenas de terceiro e cuarto, estivemos investigando sobre a ELECTRICIDADE. Primeira investigamos e logo puxemos en práctica o aprendido. Fixemos unhas postais que levan luz, logo os levaremos ao Mercadillo Navideño do cole. Deixamos aquí un pequeno vídeo do que fixemos.

TALLER DE RECICLAXE

 O alumnado de terceiro e cuarto recibiron no colexio aos monitores que levan as actividades das Fragas do Eume. Primero ensináronnos un vídeo con máis información sobre a flora e a fauna do entorno das Fragas. Despois propuxéronnos unha actividade con material de reciclaxe (cartóns, tapóns…). Rematamos disfrutando de bonequiños que bailan e non se caen.

lunes, 16 de diciembre de 2024

RECOMENDACIÓNS DE NADAL 2024


Güino



 

EXPOSICIÓN DAS RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NADAL

 


Xa está instalada a pequena exposición cos libro das recomendacións lectoras para este Nadal. Podedes visitala durante esta semana.

Güino

MONTANDO PUZZLES

 No esparzo fedello de Bibliocouceiro unhas nenas estivemos montando durante varias días un puzzle de moitas pezas. E xa está rematado!!!



domingo, 1 de diciembre de 2024

NADAL NO "XARDÍN DO PASATEMPO"

 Como inicio do Nadal, elaboramos con libros e material do rincón fedello, unha árbore moi especial.



Tamén podedes ver o Apalpador na exposición de libros para o Nadal.




MERGÚLLATE NA CIENCIA. CIENTÍFICAS

 O alumnado de cuarto e terceiro están investigando sobre  diferentes científicas.

Se premedes nas imaxes atoparedes a información que están traballando.