Trátase dunha violencia que afecta ás mulleres polo mesmo feito de selo.
Este curso dende a biblioteca propoñemos realizar actividades dentro das aulas respectando os grupos burbulla, polo que os actos serán máis íntimos o que terá a ventaxa de traballar mellor a reflexión aínda que non podamos compartilo como viñamos facendo ano tras ano.
Para abrir o diálogo sobre a violencia contra a muller por parte do home:
Coma sempre tedes bibliografía na biblioteca coa que poderemos abordar a temática axustandonos a idade das nenas e nenos de cada nivel.
Aquí vos deixamos un vídeo cuia mensaxe poderá chegar a todo o noso alumnado. Tedes tamén o libro no seu andel do "Xardín de Pasatempo".
Unha cantiga optimista para encarar o futuro :
E agora a nosa proposta para que cada aula poda realizala axustándose ás características das nenas e nenos.
1º visualización desta curtametraxe:
Logo realizaremos barquiños de papel con a técnica amosada no seguinte vídeo ou doutro xeito, barcos grandes, pequenos, de papeis de cores, pintados...
Podemos colgalos das nosas fiestras ben abertas, nos fíos que xa temos nos ocos dos corredores, no teito das clases... para que leven os nosos soños con tesón e esforzo a destinos extraordinarios.
Agardamos sementar no noso alumnado valores de respecto, igualdade, non violencia e ademais coas manualidades o noso cole lucirá ben bonito ao vaivén das nosas barquiñas cheas de soños para acadar un futuro mellor!
Hoxe 24 de NOVEMBRO podemos unirnos á proposta de Xunta: Realizarase unha transmisión a través da web do CESGA na que participarán centros de toda Galicia co obxectivo deste evento é conectar o maior número de centros educativos galegos ese día contra a violencia de xénero.
Trátase dunha violencia que afecta ás mulleres polo mesmo
feito de selo.Constitúe un atentado contra a integridade, a dignidade e a
liberdade das mulleres, independentemente do ámbito no que se produza.
Desde as bibliotecas escolares apóiase a conmemoración deste día no que os actos han ser coherentes coa finalidade: desterrar o machismo da nosa sociedade, a través da educación e a "tolerancia 0" coas actitudes e manifestacións que o expresan e o alimentan.
Este ano quixemos celebrar a igualdade, a liberdade, a tolerancia, o amor, o respecto e a vida a través da música co tema "Vivir" de Rozalén e Estopa.
Aquí tedes o vídeo para practicar!
E coa axuda de Cristina, a profe de Música, bailaremos todas e todos con esta coreografía orixinal do CEIP Caparrós.
Ademais entre todas as clases, dende os nenos e nenas de tres anos ata o alumnado de 6º, realizaremos unha decoración chea de simbolismo a proposta de Illa Fantasía, o proxecto de Animación á Lectura no que está a participar E. Infantil e E. Primaria de 1º a 4º:
Estamos a realizar obxectos violetas reciclando e empregando materiais naturais, onde escribimos palabras contra a violencia machista.
Construiremos con estes obxectos un gran cabo que una Isótita (Un territorio onde o respecto, a liberdade e o amor por tódalas persoas e seres vivos é a lei máis preciada. Unha sociedade que convive en paz e en igualdade) coa nosa escola.
Ademais nas aulas estase a facer poesía, contos, murais...preparando todo cara o luns e na procura de desterrar o machismo da nosa sociedade.
Ollade nestas montaxes audiovisuais parte das actuacións desta data:
Ao longo da semana que xa rematamos nas aulas do noso colexio tratouse a problemática da violencia machista.
Ademais todos os nenos e nenas coñeceron a canción de Rozalen, "La puerta violeta". O alumnado de 6º B elaborou unha análise da súa letra e realizaron as súas propias ilustracións, logo de reflexionar sobre o seu contido.
Aquí deixámosvos o resultado desta actividade.
O venres foi o acto Contra a Violencia de Xénero que compartimos todos e todas:
Esta é “A PORTA VIOLETA", pola que entramos o venres na escola como símbolo o acceso a un mundo de igualdade e á vía de escape a situacións de violencia machista.
A
chave que levabamos no colo di que cada un de nós vai ser a chave que peche a
porta á violencia.
Entre todas
e todos construímos unha gran chave que abrindo a porta da igualdade
peche a porta á violencia.
Cando puxemos cada un a nosa chave cantamos a canción de Rozalem que inspirou este acto de denuncia e sensibilización e que simboliza un cambio na nosa sociedade que aínda ten demasiados comportamentos
machistas:
Comportamentos tremendos como a violencia contra as mulleres que
leva a algunhas a morrer a mans das súas parellas.
Outros máis sutís e
aceptados pero que tamén danan o desenvolvemento en igualdade das mulleres e
homes: A linguaxe sempre en masculino, as roupas que non propician o movemento
das nenas, os xoguetes sexistas, algúns costumes, as relixións...