Este é o resultado do traballo de toda a comunidade educativa sobre o noso patrimonio cultural inmaterial. Detrás deste podcast hai unha recollida de información, selección e interpretación na que participamos todos e todas. Quedou moi chulo!!!
Moitas grazas e noraboa polo traballo, Güino.miércoles, 10 de junio de 2026
miércoles, 18 de marzo de 2026
PDI. Couceiro Calidade. Artesanía e tradición galega.
Podcast do alumnado de 5ºA sobre a visita á Sargadelos.
Aloia e Adriana.
Adán e Dario.miércoles, 11 de marzo de 2026
GALEGAS E GALEGOS
Alumnado de 5ºA de Ed. Primaria grabaron un podcast sobre galegas e galegos. Podedes escoitalo aquí.
Moi bo traballo. Güino.
sábado, 7 de marzo de 2026
GRAVACIÓN DE TEATRO RADIOFÓNICO
Despois dos obradoiros con Charo Pita, o alumnado de 5º Ed. Primaria, gravou na radio o que traballaron no obradoiro.
martes, 3 de marzo de 2026
OBRADOIRO "LER TEATRO NA RADIO"
Güino.
domingo, 1 de marzo de 2026
RADIO NA BIBLIO. OBRADOIROS "LER TEATRO NA RADIO".
O martes 3 de marzo levaranse a cabo uns obradoiros co alumnado de 5º de Ed. Primaria a cargo de Charo Pita.
lunes, 12 de junio de 2023
JULIO VERNE I
E por fin chegou xuño! Vos presentamos un dos traballos feitos polo noso alumnado de 6º arredor da figura de Julio Verne, autor do libro "A volta ao mundo en 80 días", que tiveron a oportunidade de ler este curso.
lunes, 8 de mayo de 2023
martes, 14 de febrero de 2023
RADIO NA BIBLIO
O 13 de febreiro celebramos o Día Mundial da Radio, unha efeméride oficial proclamada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas (ONU) no ano 2012. A radio é, neste momento, o medio informativo máis emblemático e dinámico, a pesar dos avances e novos sistemas de comunicación que apareceron no último século.
No couceiro seguimos a dar pasiños para poñer en funcionamento a nosa radio. Xa queda menos!
domingo, 29 de enero de 2023
VOTACIÓN RADIO NA BIBLIO
Benqueridos nenos e nenas do Couceiro!
Como vos informamos fai un tempo o noso centro foi seleccionado para formar parte do programa "Radio na Biblio".
Temos que poñer a funcionar este espazo na nosa escola e para iso precisamos a vosa axuda. Hai que buscarlle un nome a este espazo e quero que todas as aulas participen nesta actividade.
Por iso vos deixarei nas aulas unha folla para que poñades a vosa proposta de aula. Se queredes podedes crear o logo.
O vindeiro luns 13 de febreiro celebraremos unha votación coincidindo có Día Internacional da Radio.
Unha forte aperta
Güino



















