Como remate do segundo trimestre decidiuse interpretar o LITERARIOFEST para a comunidade educativa do centro.
Deixo aquí o programa de man para o vindeiro xoves 10 de abril. Así podedes vir e participar como oíntes no Literariofest. Podedes ver as actuacións no canal de YouTube do centro.
Neste mes hai que destacar días importantes para as bibliotecas: celébrase en marzo o 21 Día da Poesía e o 27 Día do Teatro. Güino e o seu equipo decidimos, conmemoralo nun só acto denominado LITERARIOFEST, o vindeiro luns 31.
Así que anda a rapazada do cole a voltas cos ensaios. Esperamos pasalo moi ben!!!
Xa chegou a primavera e o no noso cole adoita vir chea de teatro e de poesía.
O 21 de marzo, celébrase o Día da Poesía De acordo coa decisión da UNESCO, o principal obxectivo desta acción é apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e dar a oportunidade ás linguas ameazadas de ser un vehículo de comunicación artística nas súas comunidades respectivas.
O alumnado de 6º B e 5º A recitou versos de Rosalía de Castro, de Manuel María, Paula Carballeira e Edita Nogueira. Escolléronos ademais de pola súa beleza pola súa temática, a alimentación, dentro do PDI deste curso.
O 27 de marzo festéxase o Día Mundial do Teatro. Na nosa escola o teatro nace como una ferramenta pedagóxica de 1º nivel hai moitísimos anos.
Nenos e nenas de 5ºA presentaron "A revolución das verduras" e o alumnado de 6ºA "Farsa e xustixa do correxidor".
As nenas e nenos máis vellos do cole ao longo deste trimestre están a desenvolver a temática do PDI "Bo Proveito" na literatura, logo de pescudar no 1º trimestre na alimentación na pintura.
Aproveitaron este festival para presentar a toda a escola algún dos produtos finais do seu traballo.
Nestes vídeos podedes lembrar as súas actuacións:
Dentro do festival, como cada ano, convocamos o Certame de Poesía CEIP “Couceiro Freijomil”. E xa van once! A temática das poesías a presentar neste certame é A ALIMENTACIÓN.
Escoitaremos as poesías finalistas no Festival das Letras Galegas e Güino terá agasallos para todas elas.
Para ir "abrindo boca" podedes coller libros da selección que está no moble da entrada da nosa biblioteca.
Lembrade que as poesías deberanse elaborar nas aulas e presentaranse antes do 10 de maio na biblioteca.
Moito ánimo, seguro que este ano teremos versos ben apetitosos!
Como remate do 2º trimestre realizamos un Festival onde poidemos asistir a dúas obras de teatro a cargo de 2º A e 5º A e B e un recitado de poesías a cargo de 3º e 4º . Os presentadores foron María de 6º A e Xoán de 6º B.
Abriuse o pano coa primeira actuación: “O MOMENTO PERFECTO” , unha obra teatral de Susanna Isern posta en escena por 2º A. Fálanos da xenerosidade e do agradecemento, da amizade e da importancia de dedicar un instante a quen o necesita a pesar de ter présa. Esta é unha historia para preguntarse sobre que é o que decide se un momento é perfecto ou non o é.
Despois do teatro chegou a poesía de 3º e 4º. Veñen de coñecer a ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO que é Premio Nacional de Literatura e tráennos unha escolma de poesías do seu último libro “POEMAR O MAR”.
Ollade a posta en escena de 5º A e B da obra de Chus Pereiro "Ai mamasiña, que medo!" Son bruxas, vampiros, morcegos pantasmas,... Mamasiña, que medo! é unha obra de medo... para morrer de risa.
Como broche final deste Festival da Poesía e do Teatro, este ano temos a honra de convocar o X Certame de Poesía “Couceiro Freijomil”. A temática das poesías a presentar neste certame, como seguro que xa suporedes, é O MAR.
Esperamos polos vosos poemas. Escoitarémolos no Festival das Letras Galegas!
Grazas pola vosa participación e felices vacacións!
Ben sabedes tod@s que este ano o Día das Letras Galegas se lle adica a Carlos Casares.
No Día do Teatro asistimos á representación dunha das súas obras máis coñecidas "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas"
Lembrades?
No noso corredor da planta baixa no Taboleiro da Lingüa xa podedes visitar a exposición de carteis sobre a súa vida e obra.
E na biblioteca, na Exposicion das Letras Galegas, podedes ler ou ben levar emprestadas calquera das obras de que dispoñemos, dalgunhas temos varios exemplares.
Tamén están libros que Casares non escribiu pero traduciu ao galego como" O Principiño" que tamén podedes ver na súa exposición.
O alumnado de 1º, 3º e 4º asiste en Ferrol ao Correlingua.
O Correlingua é unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar á mocidade e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro.
Este curso a Marcha pola Lingua no exterior non puido ser por mor da climatoloxía, mais tod@s pasárono xenial, no Auditorio de Caranza, escoitando as cantigas de Pablo Díaz e apoiando o Manifesto pola Lingua lido por nenos e neas do CEIP "Centieiras"
Graza tanto aos organizadores do acto como ao Concello que facilitou o desprazamento.
Fantástica organización!
Premendo na imaxe visitaredes, o Blog de Normalización Lingüística do cole "A Casqueira",. Alí acadaredes a información que seleccionaron para vós sobre o Día das Letras Galegas.
Aquí vos deixamos ademais unhas actividades, recompiladas polo CEIP "Mestre Valverde Mayo" de Pontevedra, sobre Casares.
Hai información para ler, outra para ver, gravada polos nenos do cole; e tamén actividades interactivas para xogar despois de informarvos con todo o anterior.
Para rematar Güino convídanos ao Festival das Letras Galegas o vindeiro venres 19 de maio:
1ª Parte:
Presentación de Carlos Casares. (Alumnado de 6º de Primaria)
IX Certame de Poesía "Couceiro Freijomil" Lectura de poesías finalistas e entrega de premios.
Muiñeira de Cardelle ( Cantiga adaptada e interpretada por un grupo de nenas de 6º de Primaria)
2ª Parte:
Exposición de traballos realizados dentro do Proxecto "As Fragas do Eume"
Audiovisual do alumnado de Relixión Católica sobre a "Lenda do Anel de San Rosendo"
5ºB representa "O anel de San Rosendo".
"A fraga das árbores das palabras", pequena peza teatral preparada por 4ºB.
Xa pasou o gran DÍA!!!
Que ben saíu todo! Lembrades que poesías tan fermosas, a Lenda do anel de San Rosendo, as obras de teatro de 4º e 5º B e o traballo dos nenos e nenas de sexto. Eles foron os condutores do festival. fixeron a presentación da vida e obra de Casares e, amenizaron o festival as tres cantareiras, tamén de sexto.
Aquí vos deixamos unha montaxe coas fotos do festival:
Aquí vos deixamos unha montaxe coas fotos do festival:
No Certame de Poesía entre todas as presentadas, houbo que decidir cales ían ser as premiadas . O Equipo da Biblioteca tívoo ben dificil. Foron as seguintes.
Durante
o pasado mes de marzo houbo dúas datas sinaladas para a cultura e para o idioma. O 21 de marzo foi o Día
Mundial da Poesía, e o 27 celebrouse o
Día Mundial do Teatro.
Dende
a biblioteca o pasado ano organizouse o Día da Poesía. Lembrades a Manuel Mª?
Recordades que fomos polas rúas recitando os seus versos?
Este
curso , ao ser Carlos Casares o autor ao que se lle adican As Letras Galegas,
decidimos festexar o Día do Teatro, pois Casares escribiu para nósmáis
teatro que poesía .
O
alumnado de 1º, 4º e 5º de primaria estiveron moi atarefados, prepararon tres pezas
teatrais.
Comezamos cos de 5º pois representaron unha obra de Carlos Casares“As
laranxas máis laranxas de todas as laranxas”
Os
máis pequenos de primaria contáronos como con se fai “A mellor sopa do mundo”.
Co
seu traballo, amósannos o valor das pequenas cousas e, sobre todo, da amizade.
Para
rematar coas obras teatrais o alumnado de 4ºA preparou “A estatua”. Fálannos
dunha escultura moi peculiar que vive dentro dun xardín por onde pasea moita
xente.
Moitas grazas ao noso público, tan entusiasta como respectuoso. Güino aproveitou que estabamos familias, mestres e mestras e alumnado para a convocatoria do IX Certame de Poesía "Couceiro Freijomil"
O vindeiro venres 7 de abril festexamos no noso colexio o Día do Teatro facéndoo coincidir co Fin de Trimestre.
Representaranse tres pezas teatrais:
A mellor sopa do mundo (1º B)
A estatua (4º A)
As laranxas máis laranxas de todas as laranxas (5ªA)
Dende o noso centro, de sempre defendemos o amplo valor educativo que pode xerar a actividade teatral: maduración personal, compañerismo, desinhibición, mellora na comprensión lectora, expresión oral, dicción, etc
Hoxe, temos que lembrar a Mateo González, recentemente falecido,ex alumno do centro.
Iniciouse no teatro escolar,no noso cole e no grupo Arjé Teatro do Instituto Breamo, para logo de formarse na Escola de Teatro de Narón, facer da escena a súa profesión, no teatro, na TV e no cine.