viernes, 29 de mayo de 2009

Ramiro Fonte

Hoxe, 29 de maio, tivo lugar nos XARDÍNS DE LOMBARDERO un acto promovido polo concello e organizado pola BIBLIOTECA MUNICIPAL para recordar a RAMIRO FONTE , poeta e escritor EUMÉS falecido hai poucos meses. Ao acto asistiron escolares dos distintos centros educativos de primaria da Vila e, representando ao noso colexio, asistiu o alumnado de 5ºB que recitaron tres poesías do libro XARDÍN DO PASATEMPO. O acto foi moi emotivo e, ao rematar. ALEXANDRE CAÍNZOS expresou o desexo de que se lle dedique un DÍA DAS LETRAS GALEGAS nos vindeiros anos, desexo ao que nos sumamos dende o noso centro.



Letras Galegas 2009

O pasado 18 de maio, celebramos no colexio o tradicional DÍA DAS LETRAS GALEGAS que este ano estivo dedicado oa escritor RAMÓN PIÑEIRO. Foi un acto moi emotivo no que participou unha ampla representación do alumnado do centro. O acto comezou coa lectura da biografía do escritor homenaxeado, continuou co recitado das poesías que chegaron á final do I CERTAME DE POESIA "COUCEIRO FREIJOMIL". As poesías tiveron unha grande calidadade e foron moi aplaudidas polos seus compañeiros. Elexiuse a mellor en cada un dos ciclos e entregáronse os premios correspondentes, tanto a gañadores como finalistas. Seguidamente tivo lugar a entrega dos premios da portada do xornal convocados polo EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA. Finalmente BREOGÁN, profe do colexio, sacou a gaita e interpretou varias pezas populares moi aplaudidas. Rematou o acto cantando todos xuntos o HIMNO GALEGO. Noraboa a tod@s e graciñas por participar.


domingo, 17 de mayo de 2009

Día das Letras Galegas 2009

Este ano a Real Academia Galega rinde homenaxe a RAMÓN PIÑEIRO
(Láncara-Lugo, 1915 - Santiago de Compostela, 1990). Intelectual e político que desenvolveu a súa actividade en Galicia. Trátase dunha das figuras históricas do galeguismo durante o século XX. Como intelectual, foi un dos fundadores e primeiros directores da editorial GALAXIA e da revista GRIAL.

Os Maios

Coma todos os anos, celebrouse no noso centro a tradicional festa dos maios. Este ano foi o día 30 de abril, data na que coa colaboración de toda a comunidade educativa, realizáronse catro maios, un por cada ciclo. As familias aportaron verde (fiuncho, hedra, xestas e mirto entre outras) e flores de todo tipo. A actividade nos días 29 e 30 de abril foi frenética en todo a centro co fin de ter a punto os maios para o desfile. O resultado foron catro preciosos maios adornados coas laranxas bravas correspondentes. Chegadas as 12 horas comezou un vistoso desfile acompañado de cantigas dos maios polo amplo corredor do colexio (lástima do tempo que nos impediu sair ao exterior).

O día 1 , un amplo grupo de alumnos e varios profesores, quedamos ás catro e media no centro para retocar os maios e participar no certame convocado polo concello. O resultado foi espectacular, pois o segundo ciclo acadou o primeiro premio e o terceiro ciclo o terceiro . Na consecución destes premios tivo moito que ver a interpretación das cantigas, fermosas poesías dedicadas aos maios de Pontedeume realizadas polo alumnado nas súas clases. A festa rematou cunha tremenda merenda no colexio con todos os participantes . Pasámolo xenial. Noraboa a todos.










lunes, 11 de mayo de 2009

Son coma nenos...


O pasado día 21 de abril visitounos XABIER LÓPEZ GARCÍA, mestre do CEIP MOSTEIRO DE CAAVEIRO de A Capela que veunos ensinar a xogar. Si, a xogar; non a Play nin aos modernos cacharros electrónicos, non; ensinounos a alma dos xogos tradicionais, os de sempre, aos que xogaban os nosos avós, os nosos pais,... os nosos maiores para que llos sigamos transmitindo ás vindeiras xeracións. En definitiva a recuperar un tempo que, grazas a Xabier e a máis xentes coma el que traballan por e para que este tempo non sexa perdido. Pero Xabier non veu ensinarlles aos nenos, veu a amosarnos aos mestres, aos pais e maiores como podemos disfrutar e facer disfrutar aos demais. Graciñas polo rato pasado, XABI!!!