Mostrando entradas con la etiqueta Lectura e familias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lectura e familias. Mostrar todas las entradas

jueves, 23 de abril de 2026

LECTURA E FAMILIAS. OBRADOIRO

 Co gallo do Día do Libro, durante a semana fixemos diferentes actividades, en concreto, un obradoiro titulado "A narración desde o teatro de movemento" que dirixiu María Torres. Pola mañá, participaron as alumnas e alumnos de sexto de Ed. Primaria. Pola tarde, participaron diferentes familias que disfrutaron dunha sesión moi divertida e emotiva.

Moitas grazas María, por acompañarnos neste día. 

Güino.

jueves, 3 de abril de 2025

OBRADOIRO DE NARRACIÓN ORAL. 3 DE ABRIL

 A tarde do 3 de abril, o "Xardín do Pensamento", converteuse nun lugar de conto onde a gran narradora Vero Rilo impartiu un obradoiro moi interesante no que participaron nais e mestras do Couceiro. Foron 90 minutos moi divertidos, onde aprendimos a contar e contamos historias que non deben quedar no olvido.

Moitas gracias a Vero por acompañarnos neste día.

Güino.

martes, 25 de marzo de 2025

OBRADOIRO DE NARRACIÓN ORAL

 O 3 de abril levarase a cabo un obradoiro de narración oral para as familias impartido por Vero Rilo. Deixo aquí a vosa invitación. Apuntádevos!!

Güino.


sábado, 1 de junio de 2024

OBRADOIRO FAMILIAS

Vos propoñemos un obradoiro de animación á lectura de 90 minutos de duración, o venres 7 de xuño ás 17:00 horas, da man de Damián Alonso, actor de dobraxe e teatro, monogolista e contacontos, voz en Off e narración, formador Radio-Podcast, formador de teatro ...

Un obradoiro un chisquiño teórico, totalmente práctico e moi, moi pero que moi participativo.

Os obxectivos deste obradoiro son.

  •  Dar aos participantes as ferramentas necesarias para poder enfrontarse a calquera texto ou narración.
  • Aprender a usar o noso corpo para apoiar a historia.
  • Aprender a contar! A convertir calquera texto nunha historia marabillosa.