jueves, 22 de octubre de 2026
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES .23 DE OUTUBRO DE 2026. SAÍDA DAS MOCHILAS VIAXEIRAS
Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.
A Dirección Xeral do Libro, o Cómic e a Lectura, a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2026.
O lema deste ano, “Sen profesionais non hai bibliotecas”, quere poñer no centro ás persoas que fan posible que as bibliotecas sexan moito máis que un simple conxunto de recursos, andeis e espazos.
Nesta data celebramos a todas as bibliotecas, tamén ás escolares. A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS.
Desde a biblioteca escolar queremos celebrar esta data dun xeito especial, compartindo ilusión e lecturas con toda a comunidade educativa.
🎒 Güino acompáñanos
Coa axuda de Güino, a nosa mascota, celebramos esta xornada coa saída das Mochilas Viaxeiras de Educación Infantil e Educación Primaria, levando o gusto por ler máis alá da escola.
A presentación correrá a cargo dos nenos e nenas de sexto de primaria, que compartirán este momento coa comunidade educativa.
📚 Bibliotecas que unen
As bibliotecas escolares son espazos de encontro, aprendizaxe e descubrimento. Achegan libros, oportunidades e voces diversas, e fan da lectura unha experiencia compartida por toda a comunidade educativa.
Na casa, as familias tamén desempeñan un papel esencial. Animámosvos a reservar un momento para ler xuntos, conversar sobre as historias e gozar da lectura sen présa.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)



No hay comentarios:
Publicar un comentario