Mostrando entradas con la etiqueta Plambe. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Plambe. Mostrar todas las entradas

jueves, 11 de enero de 2018

Maleta viaxeira para toda a familia

Vós ben coñecedes "As maletas de Güino", non?
 Pois durante un mes teremos outra maleta que  veu viaxando dende Santiago. Unha maleta ben chula para tod@s.
 As Bibliotecas Escolares de Galicia escolleron libros e videos para papás, mamás e para todos nós: "A Maleta das Familias".

 Xa están expostos todos os volumes: os máis aquelados para os pais e nais, na entrada do cole; e os máis axeitados para nós no moble de novidades da biblioteca.
 Os papás e mamás poden botarlles un ollo e lelos mentres vos esperan, e nós podemos levalos á aula coa axuda da profe, ou miralos na bibliotecas.

 Moitas grazas compañeir@s das Bibliotecas Escolares!




Gozade desta maleta, aproveitade ben este mes que logo pasa... Mais xa temos reservada outra supermaleta, a  de banda deseñada, cheíña cos comics que tanto vos gustan.



miércoles, 7 de junio de 2017

Exposición materiais do Proxecto "As Fragas do Eume"

Xa estamos ben preto do fin de curso e a entrada do noso cole encheuse con gran parte dos materiais do proxecto que centrou este semestre.
Cada curso aportou os produtos táctiles da súa investigación e colgou no blog os materiais dixitais para que se podan ver tamén na pantalla da entrada.
Do 6 ao 23 de xuño a exposición está aberta a toda a comunidade. Hai xogos , maquetas, murais, libros , álbumes, mapas a escala con códigos QR,..
Agradecemos ás familias, coma sempre, o seu interese e a súa colaboración, aos traballadores do  Parque Natural pola súa acollida e acompañamento na investigación dos diferentes grupos, a Secundino, o mestre da Capela por amosarnos os Muíños do Sesín e o Museo Etnográfico e á Biblioteca Municipal que cedeu parte dos volumes incluídos na documentación inicial deste proxecto.






domingo, 30 de marzo de 2014

Antonio García Teijeiro, Poeta.


O pasado día 26 de marzo, ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO estivo no COUCEIRO dentro das XORNADAS, organizadas polo CFR de Ferrol, que leva por título "A LITERATURA INFANTIL E XUVENIL NA BIBLIOTECA ESCOLAR" .
 Falounos, como non podía ser doutro xeito, de poesía. Como mostrar a poesía aos nenos e nenas, como lela, como escribila, como sentila,...onde atopala. E así todos as profesoras e profesoras que traballamos nas diferentes bibliotecas escolares da nosa bisbarra limos, escribimos, recitamos,...construimos poesías, limos adiviñas, e ...ata cantamos!. Foi unha xornada inesquecible rodeados polo poeta que nos fixo dar ..."UN PASEO POLA POESÍA." 

"A poesía é algo que nos acompaña, nos quece...fíltraxe, non se ensina." "A poesía debe entrar nas aulas en VOZ ALTA, sorprender continuamente..." "Debemos partir sempre da poesía popular..."

Constuímos poesía colectiva a partir de ARROLOS, DIÁLOGOS, CANTIGAS,...
Grazas, Antonio por quitarnos o medo á poesía!

domingo, 16 de marzo de 2014

De estreo!!


O alumnado colaborador da BIBLIOTECA estreou os petos que os identifica e que utilizarán na realización das diferentes actividades colaborativas na biblioteca do centro. Este alumnado ven desenvolvende actividades dentro das dúas modalidades nas que o colexio está a participar na iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria denominada "Voluntariado de lectura-A" integrada no programa HORA DE LER. Estas dúas modalidades de participación son: 1. Colaboración coa biblioteca escolar e 2. Ler con...D (Lecturas compartidas dentro do centro). Fumos noticia no Diario de Ferrol onde se destacaba a participación de varios centros da comarca de Ferrolterra nesta iniciativa.
                                              

lunes, 3 de diciembre de 2012

Ler para ver...

Os pasados 9 e 10 de novembro tiveron  lugar no PAZO DE CONGRESOS E EXPOSICIÓNS  de Santiago de Compostela  as IV XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA baixo o lema LER PARA VER

Asistiron a estas xornadas máis de 1.100 mestras e mestres de toda Galicia, moitos deles integrantes dos diversos equipos das bibliotecas escolares. Participaron diversos ponentes como Fabio Tropea  (Ler entre liñas. Estratexias de lectura crítica), Miguel Vázquez Freire (Linguaxe audiovisual e biblioteca escolar), Tiscar Lara Padilla (Medios de comunicación, aprendizaxes dixitais e bibliotecas escolares), Luís González Martín (Lectura no século XXI e biblioteca escolar)... e tiveron lugar varias MESAS SIMULTÁNEAS  coa participación de responsables das bibliotecas de diferentes centros de Galicia. 
O noso centro foi convidado pola ASESORÍA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES  a participar na mesa sobre a UTILIZACIÓN DA PRENSA NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES xunto co ponente Jesús Garrido de PRENSA ESCUELA  de LA VOZ DE GALICIA e o IES GREGORIO FERNÁNDEZ  de Sarria (Lugo). 
A nosa participación consistiu en expoñer aos asistentes as liñas de traballo coa prensa na aula que realizamos ao longo de todo o  curso no terceiro ciclo de primaria dentro do programa PRENSA ESCUELA,  liñas que naceron dentro do tempo HORA DE LER e que progresivamente van incidindo en contidos curriculares.

jueves, 22 de noviembre de 2012

Que fermosa!!!

Sí, que fermosa quedou a nosa BIBLIO grazas ao traballo de ITO, un artistas de CENTROÑA que traballou arreo e ben para que a biblioteca estivese o menor tempo pechada e,  en poucos días,  cambioulle a cara  e encheu as súas paredes de maxia e ledicia permitindo que a nosa biblio se convertise nun verdadeiro XARDÍN DO PASATEMPO

Benvid@s de novo a tod@s á biblio  e a seguir disfrutándoa.  Despois deste alto que nos tivo  uns días "parados" continuamos con máis ánimo e enerxia que nunca para ofrecervos actividades  de dinamización desde O NOSO XARDÍN....

domingo, 14 de octubre de 2012

Biblioteca escolar, acelerador de innovación.


Con este lema, Biblioteca escolar, acelerador de innovación, preséntase o cartel que neste curso 2012/2013 edita a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, co gallo da celebración do mes da biblioteca escolar (outubro) e do Día da Biblioteca (24 de outubro) e que xa chegou á nosa biblioteca permanecendo exposto na entrada da mesma. 

Nesta ocasión, a ilustración correspondeu ao creador galego Andrés Meixide,  que vén de  sumarse así aos ilustradores que teñen colaborado neste tema co  obxectivo de difundir as posibilidades da biblioteca.



martes, 8 de mayo de 2012

Roteiros polas bibliotecas Plambe


Os roteiros que realizan os  coordinadores das BIBLIOTECAS DE FERROLTERRA chegaron ao Couceiro. O pasado 25 de abril celebramos a reunión mensual na nosa "biblio" e compartimos un rato moi agradable as mestras e mestres que traballamos  nas distintas bibliotecas da nosa bisbarra. Repasamos a actividade das biblios, falamos da reunión do PLAMBE en Santiago e fixamos unha data para a entrega da segunda parte do traballo COÑECERNOS PARA QUERERNOS,  que será o 30 de maio no CEIP DE ATIOS en  VALDOVIÑO. Recibimos  parabéns de tod@s pola nosa biblioteca  e agasalláronnos cun fermoso álbum ilustrado, AVEZOO,  que está exposto na nosa biblio para que o disfrutedes tod@s.  Fixémoslles entrega, a cada un dos centros presentes na reunión,  dun dos GÜINOS  creados por vós   nas aulas do noso colexio. Gustou moito a idea e déronnos moitos parabéns para todos vós polos traballos realizados.




Se pinchades sobre o GÜINO de arriba veredes unha fermosa presentación da visita que realizou  a nosa  compañeira LOLY LAGO,  do IES DE FENE ,e publicada no blog da súa biblioteca O SEGREL DO PENEDO.

jueves, 3 de mayo de 2012

Os carteis de Güino

Hai uns días todo o alumnado do cole participou nunha actividade plástica con Güino como protagonista. Fixemos uns carteis para regalar aos coordinadores das bibliotecas do grupo Ferrolterra que visitaron o noso centro.
Seguro que gustaron un montón porque xa podedes ver que cousas tan chulas poden facer os rapaces do Couceiro, cunha mesma plantilla e moita imaxinación...


Que contento está Güino rodeado de tanta arte!!

miércoles, 1 de junio de 2011

A insoportable levedade das bibliotecas escolares...

"Ante a previsible retirada de formadores específicos no ámbito das bibliotecas escolares no Servizo de Formación do Profesorado, no Centro Autonómico de Formación e Innovación e nos centros de formación e recursos dependentes da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, segundo o borrador da orde que convocará concurso público de méritos para cubrir postos de persoas directoras e asesoras nestes centros queremos manifestar o seguinte:Hai proxectos que nacen marcados pola vulnerabilidade e a razón desta circunstancia non ten nada que ver coa falta de rigor ou a pouca entrega das persoas que os poñen en marcha. Máis ben ten que ver co feito de que nacen destinados a nadar contra corrente. Con todo, esa é a principal razón da súa existencia: xorden porque responden a unha necesidade non satisfeita pero compartida por un número crecente de persoas que senten que é posible compartir e facer viable o proxecto xuntos. Así naceu o movemento que cristalizou na iniciativa que todos coñecemos como PLAMBE. De xeito que dende hai algúns anos, esa iniciativa levou o mellor da creatividade e o esforzo de moitos docentes que xenerosamente regalaron o seu tempo e a súa capacidade de formar equipos e ilusionar a outros docentes en centros e centros de toda a nosa comunidade. Xuntos aprendemos a ser rigorosos e esixentes nos nosos proxectos, a crear espazos de aprendizaxe colaborativo, de cambios de estratexia, de achegamento ás novas tecnoloxías, de racionalización na xestión da información. Que ninguén se equivoque: os responsables das bibliotecas escolares non son seres evanescentes perdidos en vanas quimeras que tentan “roubar” horas a materias “importantes” para que o alumnado esmoreza entre mundos de ficción. Nada máis lonxe da realidade. Nun centro onde hai un equipo que xestiona a biblioteca de forma eficaz nótase. Os fondos adquírense con criterio, establécense acordos para xestionar a información, créanse espazos de colaboración e docencia compartida. Non é doado porque a maquinaria educativa ten unhas inercias difíciles de combater. A pesar de todo, estes docentes fórmanse e exercen a súa dura misión en horas non retribuídas, roubadas ás súas familias, ao descanso, ao lecer. Fomos coordinados con rigor e seriedade pola Asesoría de Bibliotecas Escolares pero sempre nos faltou o marco legal axeitado. A nosa misión é dura porque queda moito por definir. Na nosa inxenuidade e boa fe esperabamos conseguir progresivamente tempos e formación para seguir mellorando na nosa función se demostrabamos que eramos rigorosos e eficaces. Os nosos méritos como colectivo son dabondo coñecidos polos nosos gobernantes e acreditados por diferentes administracións e ámbitos a nivel estatal. Os numerosos e constantes premios anuais de boas prácticas concedidos polo Ministerio de Educación y Ciencia non caeron do ceo. Durante todos estes anos a formación recibida foi fundamental para levar a cabo actuacións rigorosas e enfocadas na dirección correcta.
Sabemos das cuantiosas axudas que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, destina a outros proxectos, dos incentivos para a elaboración de contidos dixitais por parte das empresas editoriais, entre outras iniciativas. Non sería tamén interesante fomentar a produción de materiais propios e promover desde cada centro a estandarización de procedementos que axuden a xestionar a información entre o noso alumnado sen confiar todo a eses materiais externos que proceden da industria editorial, por valiosos que poidan ser? Por que non seguir aproveitando a experiencia e valía dos equipos das bibliotecas escolares nestes cometidos?. O noso empeño sempre foi crear nos centros pequenos focos que tentan estender esas boas prácticas de innovación e excelencia. Non entendemos este novo e repentino xiro na política de formación desta Dirección Xeral. Non nos parece xusto posto que, podemos dicir honestamente que, pola nosa banda, cumprimos con fartura. Ao desmantelar as estruturas que nos sosteñen o deterioro será proporcional ao entusiasmo e o esforzo investidos: inmenso e imparable. Algúns lembramos como o noso Conselleiro lanzou un bico ao aire ao despedirse dos asistentes aos últimos encontros despois dunhas entusiastas palabras de eloxio polos éxitos logrados polas bibliotecas escolares galegas a nivel estatal. Onde quedou ese entusiamo? Que interpretación debemos facer? O noso país pode permitirse tirar pola borda todo este traballo? E nós?. En que situación quedaremos agora diante das nosas comunidades educativas se despois de tanta insistencia é a propria Consellería a que nos invisibiliza?"
Con esta publicación no noso blog, o equipo de biblioteca do CEIP COUCEIRO FREIJOMIL, faise eco do malestar que os centros que formamos parte do PLAMBE estamos a sentir ante as novas medidas previstas pola Consellería, medidas que ningunean o noso esforzo xa de por si insuficientemente recoñecido dende as autoridades educativas.
Colectivo dos equipos das bibliotecas escolares integradas no PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares Galegas)

lunes, 25 de abril de 2011

Encontros Plambe

















Os pasados 7 e 8 de abril tiveron lugar en Santiago de Compostela os encontros anuais dos centros participantes no PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES (PLAMBE). O noso centro por ser do PLAMBE-5 participou o día 8 que comezou cun saúdo a cargo do Sr. Conselleiro. A continuación tomaron a palabra Teresa Mañá e Mónica Baró que nos falaron sobre os seus traballos en materia de avaliación. Posteriormente asistimos a ponencia de Kiko Da Silva que fixo un percorrido pola historia da banda deseñada e anunciounos a próxima publicación da revista FIZ que el mesmo vai dirixir, destinada ao público infantil. Despois desta ponencia fumos xantar e, entre pincho e pincho seguimos compartindo experiencias. Xa pola tarde comezamos reuníndonos por zonas (nós xuntámonos cos compañeir@s de Ferrolterra e seguimos intercambiando experiencias e aprendendo...) O remate da xornada foi moi emocionante, un auténtico regalo para tod@s nós, nada máis e nada menos que tiñamos diante a D. XOSÉ NEIRA VILAS que nos contou un montón de anécdotas, de vivencias,... co bo humor que sempre (para isto os anos non pasan) tivo, non só os aspectos máis coñecidos como o de escritor senón tamén aqueles máis relacionados coa divulgación da lectura.




En fin unha xornada entrañable con moitas emocións, e sobre todo unha xornada para APRENDER!!!. Participamos tamén na exposición de materiais co traballo realizado polo alumnado de Atención Educativa de 5º B titulado O SEGREDO DOS LIBROS. Graciñas a Pilar e a Cristina pola perfecta organización e, aínda que xa somos moitos sempre temos a sensación de que están continuamente ao noso lado. Graciñas tamén a Ánxela e a Gabriela, as nosas "imprescindibles guías".