miércoles, 28 de octubre de 2026
24 a 31 de outubro: Semana Mundial da Alfabetización Mediática e Informacional (AMI)
A UNESCO propón a celebración da semana AMI baixo o lema: Todos desempeñamos un papel: alfabetización mediática e informacional para a cidadanía. Esta celebración constitúe unha ocasión importante para mobilizar as partes interesadas a escala mundial co fin de crear conciencia, fomentar a participación a nivel nacional e celebrar os avances logrados en materia de Alfabetización Mediática e Informacional para todas e todos.
En tempos de emerxencia como os que vivimos as bibliotecas escolares deben, máis que nunca, reforzar o traballo cos medios de comunicación e identificación das noticias falsas e as competencias ALFIN e AMI.
O lema deste curso escolar para as bibliotecas escolares de Galicia pon o foco no papel das nosas bibliotecas na formación de persoas críticas e de ofrecer á súa comunidade programas estables e sistematizados de alfabetización información.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)


No hay comentarios:
Publicar un comentario