lunes, 20 de mayo de 2013

Letras Galegas 2013...

O DÍA DAS LETRAS GALEGAS naceu no ano 1963, hai xa cincuenta anos, co gallo da celebración do centenario da publicación  da  primeira obra maestra coa que contou a literatura galega contemporánea, CANTARES GALEGOS  de  ROSALÍA DE CASTRO  e que neste mesmo curso celebramos o 150 aniversario.
 Rosalía, Castelao, Curros Enriquez,….Lois pereiro, Paz Andrade  e este ano ROBERTO VIDAL BOLAÑO.

O alumnado de sexto, como todos os anos,  preparou a presentación do dramaturgo,  actor, director, …pioneiro do teatro profesional galego ROBERTO VIDAL BOLAÑO. A presentación consistiu nunha dramatización, moi orixinal e moi adecuada, na que se fixo un repaso á vida, actividades e obra da figura homenaxeada este ano para coñecela un pouquiño mellor.

Posteriormente deu comezo a fase final do V CERTAME DE POESÍA "COUCEIRO FREIJOMIL" e a entrega de premios. Hai que dar os parabéns a tod@s polo esforzo e calidade dos traballos presentados. Grazas tamén ao bo facer do gaiteiro, das pandereteiras e do bombo que amenizaron os intermedios do certame coas súas interpretacións.

PREMIOS:
PRIMEIRO CICLO:  Victoria Rodríguez  2º A (1º premio)
                                     Sabela   Dopico 1º A
                                     Carlota Veiga  2ºB (finalistas)

SEGUNDO CICLO:   Héctor Arias 1º B (1º premio)
                                    Álvaro Crespo  3º A  
                                    Álvaro Allegue  4º (finalistas)

TERCEIRO CICLO:  Sara Piñeiro   6º A (1º premio)
                                     Daniel Arias   5º B 
                                     Sara Allegue  6º B (finalistas)


Por último foi interpretado o HIMNO GALEGO polo grupo de frautas do centro e rematou o acto con todos os asistentes  cantando e bailando   coa cantiga de Paco Nogueiras O MEU MUNDO É!!!

Visitounos Iago...

O alumnado do PRIMEIRO CICLO de primaria tivo a  oportunidade de compartir un tempo de CONTACONTOS  con  IAGO que acudiu á nosa biblioteca a contarlles  o conto titulado  LINDA Á ESPREITA.

Linda é unha vaca diferente ás demais. Cada mañá, mentres a muxían, a vaca Linda fitaba nerviosa e impaciente cara ao exterior da granxa. Porque había algo que a Linda lle gustaba máis ca nada no mundo. O seu maior pracer consistía en meterlle un susto ao carteiro e escorrentalo da granxa. Cada día, Linda agachábase nun sitio distinto e sempre conseguía o seu obxectivo, ata que o pobre carteiro remataba desquiciado e incapaz de seguir co seu traballo...

O alumnado disfrutou e participou coas aventuras de LINDA e pasou un rato estupendo na nosa biblioteca... Grazas, IAGO!!!

lunes, 6 de mayo de 2013

Roberto Vidal Bolaño

Este ano o DÍA DAS LETRAS GALEGAS  está adicado a ROBERTO VIDAL BOLAÑO, dramaturgo, actor, director,...pioneiro do teatro profesional galego. Hoxe traemos ao noso blog, como prólogo das vindeiras xornadas,  esta presentación realizada por XOAQUÍN FREIXEIRO do Ceip Conde de Fenosa e,  como todos os anos, os recursos do SEMINARIO GALÁN (premendo na imaxe) para coñecer o mundo de ROBERTO VIDAL BOLAÑO e acercarnos ao teatro galego. Ofrecémosvos tamén dúas cantigas de PACO NOGUEIRAS NODAR, a primeira leva por título ESPÍRITO VIDAL BOLAÑO adicada ao persoeiro homenaxeado este ano, e a segundo titulada MEU O MUNDO É!!!  que nos invita a comunicarnos e a utilizar a nosa lingua. SEMPRE EN GALEGO!!!
O noso agradecemento por compartir estes estupendos recursos.



domingo, 5 de mayo de 2013

Os Maios

Un ano máis, coincidindo co comezo do mes de maio, ten lugar no noso centro a celebración dunha das festas con máis arraigamento do ano, a celebración dos MAIOS. 
A celebración desta festa comeza coa aportación das familias dos elementos ornamentais (verde, flores, laranxas,...) que van formar parte do maio. Posteriormenmte na realización (véspera do primeiro de maio)  participan  o alumnado, os pais/nais,  o profesorado... 
Catro son os maios elaborados, un por ciclo. Nos días previos os traballos nas diferentes aulas  céntranse na elaboración das cantigas que acompañarán aos maios. Cantigas de maio que teñen unha letra orixinal (traballo do alumnado neste mes adicado á poesía) e a música pode ser orixinal ou adaptada de composicións populares. 
Cando xa está todo rematado, celébrase un desfile no colexio coa interpretación das cantigas e que este ano   tivo como colofón a posta en escea dun baile tradicional na nosa vila,   a DANZA DO BIOUTEIRO, grazas aos ensaios da  mestra xubilada Cristina Sarmiento.  
A festa continúa coa participación,  o 1 de maio,  na vila xunto cou outras asociación e agrupacións na festa organizada polo concello, de gran tradición,  na que este ano o noso centro acadou dous premios, un ao maio e outro á cantiga do TERCEIRO CICLO. 
Parabéns a tod@s!!!


viernes, 26 de abril de 2013

Día do Libro con...



...   MUSICREQUES...                                                                                                      Dentro das actividades do Día do libro, presentámoslle ao noso alumnado de E. Infantil e Primaria   (1º e 2º ciclos) o espectáculo AS AVENTURAS DE QUEBRANOCES, representación con monicreques dunha adaptación do conto de HOFFMANN "QUEBRANOCES E O REI DOS RATOS" con música en directo da suite O QUEBRANOCES de TCHAIKOVSKY.
Loreto e Alma, compoñentes da recén creada ASOCIACIÓN MUSICAL "MUSICREQUES" presentaron un espectáculo completísimo  combinando o teatro de monicreques, o audiovisual e a música en directo, pois ambalasdúas son prefesoras de piano no COSERVATORIO DE MÚSICA DE FERROL.
         Aínda que o seu obxectivo fundamentar é o da promoción da música, debido á faceta profesional das compoñentes da ASOCIACIÓN, prantexan outros relacionados  co fomento da lectura, da narración e da participación do alumnado que é moi activa ao longo da representación. Parabéns a MUSICREQUES polo traballo ben feito e moitos éxitos no futuro a esta nova ASOCIACIÓN MUSICAL... En definitiva,  un gran día de música e contos...
(Premede co rato na seguinte imaxe para ver un video)





...JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO...
Un dos actos da celebración do DÍA DO LIBRO 2013 foi  a visita ao CLUB DE LECTURA de JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO. Máis de CEN alumn@s do SEGUNDO e TERCEIRO CICLO de primaria  participan este ano no CLUB,   como sempre,  de xeito totalmente voluntario.

Hoxe,  chegou o momento tan agardado por tod@s,  chegou o momento de preguntar, de compartir de aprender un pouco máis deste escritor/ilustrador. Chegou o momento de coñecer algo máis destas historias que limos, que comentamos, que   descubrimos ao longo do segundo trimestre do curso e que  nos axudaron  a compartir,  a rirnos, a emocionarnos xuntos...Foi unha xornada moi ben aproveitada, a presenza de JACOBO non defraudou a ninguén e tivemos respostas  a uncha chea de preguntas, de curiosidades, de novos coñecementos sobre  os libros, sobre as personaxes e sobre o traballo diario dun escritor-ilustrador e o tempo pasou axiña... que mágoa!!! ... pero no noso corazón queda a lembranza  da súa presenza, de LINA, POUCO, HEDIÓN, PROPICIO, o gato KANDÁS,... as FORMIGAS,  a XIRAFA, as SETE PRINCESAS...  e das súas palabras cheas de motivación para a animación á lectura...dende agora poderemos proclamar aos catro ventos que ... MIL COUSAS PODEN PASAR... SE LES!!! Grazas, JACOBO e... ata a próxima!!!



 


...TEATRO...


Como o 27 de marzo, DÍA MUNDIAL DO TEATRO, coincidiu este ano en plenas vacación de Semana Santa,  e no noso centro as representacións teatrais teñen longa tradición dende hai moitos anos, decidimos programar as representacións deste ano coincidindo co DÍA DO LI BRO. En definitiva libro/tatro, teatro/libro foron, van e irán sempre da man.
Tres foron as obras representadas (preme nas fotos para ver os videos):

O alumnado de 4º:
"A VERDADEIRA HISTORIA DE CARAPUCHIÑA VERMELLA"






O alumnado de 5ºB:
"O ESPANTALLO QUE NON QUERÍA SER ESPANTALLO"





O alumnado de 6ºA: "FARSA E XUSTIZA DO COMENDADOR"


Parabéns a todas e a todos polo esforzo realizado, interpretacións, decorados, vestiario...TODO XENIAL!!!










lunes, 22 de abril de 2013

Día do Libro 2013...

Un ano máis celebramos, como se merece, esta data tan importante no calendario da nosa BIBLIOTECA.  

Contaremos con dúas actividades centrais. A primeira e a visita de JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO, escritor e ilustrador do que traballamos ao longo do segundo trimestre os libros MIL COUSAS PODEN PASAR e A PEDRA E AS FORMIGAS no CLUB DE LECTURA. 

A segunda actividade é a representación de varias obras de teatro a cargo do alumnado dos cursos 4º, 5º B e 6º A de PRIMARIA, xa que a data do DÍA MUNDIAL DO TEATRO coincidiu en plenas vacacións de Semana Santa...e o teatro sempre ocupou un lugar preferente nas actividades do centro e este ano non podía quedar en branco...faltaría máis...!!!

martes, 16 de abril de 2013

O "Silbo Gomero".... clase de Lingua!!!


Grazas á  ASOCIACIÓN CULTURAL LIBRE DE PADERNE "ROXÍN  ROXAL",  tivemos a posibilidade de ter no noso centro a  ROGELIO BOTANZ, mestre de música, cantautor e mestre de SILBO GOMERO. 

Foi unha auténtica clase de lingua onde o   alumnado do centro , dende infantil aos maiores de primaria,  poido comprobar todas as posibilidades inimaxinables  que ofrece esta linguaxe asubiada,  OBRA MAESTRA DO PATRIMONIO INMATERIAL DA HUMANIDADE - UNESCO 1999, participando activamente na sesión e,....nas horas e días seguintes. Foi todo un éxito...inesperado!!!. 

Grazas de novo a ROXÍN ROXAL,  a ROGELIO e aos nenos canarios que o acompañaron Carlos e Marcelo.

.


Máis vídeos en CELECOFRE   http://celecofre.blogspot.com.es/

lunes, 1 de abril de 2013

Con P de Poesía

O pasado 21  de marzo, como todos os anos e conincidindo co comezo da PRIMAVERA, celebramos o DÍA DA POESÍA.   
Eleximos como eixo central da xornada o libro de LEO LIONNI tiulado "FREDERICK", libro cheo de poesía desde o comezo ata o final. Este libro foi  utilizado por CARLOS NEGRO na súa conferencia, PRACERES INTENSOS, PRACERES ESCUROS:  POESÍA E CHOCHOLATE  dentro das XORNADAS DE LECTURAR LITERARIA organizadas polo CFR de FERROL.   
CARLOS NEGRO utilizou distintos parágrafos deste conto para amosar aos asistentes ás XORNADAS  a alma da poesía e nós trasladámolo  ao noso alumnado facendo unha lectura dramatizada do mesmo que preparou un grupo de alumn@s de sexto e que lles presentaron ese día a todo o alumnado do colexio. 

Aproveitouse tamén o acto para presentar o   V CERTAME DE POESÍA "COUCEIRO FREIJOMIL"  ao que se lle dedicará todo o mes de abril traballando a poesía na BIBLIOTECA e nas  diferentes aulas e,  posteriormente o alumnado presentará as súas poesías ao certame. A    fase final do mesmo  terá lugar nos actos do 17 de maio DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
                             

martes, 12 de marzo de 2013

Día da Muller Traballadora

O pasado día 8 de marzo conmemoramos no noso centro o DÍA DA MULLER TRABALLADORA 2013. 
O alumnado do TERCEIRO CICLO DE PRIMARIA  realizou un traballo de investigación recopilando datos sobre  catro bloques
fundamentais: MULLERES PIONEIRAS, MULLERES NA HISTORIA, MULLERES NA ACTUALIDADE  e por último sobre as MULLERES EUMESAS. 


O resultado foi a elaboración dun conxunto de elementos  expostos sobre siluetas femininas no corredor do colexio configurando un mural informativo que foi  visitado ao longo deste día polo alumnado do centro que acudiu á   exposición acompañado polos seus titores e que serviu de motivación e coñecemento para os traballos posteriores nas diferentes aulas.   
                                                                                                  

lunes, 4 de marzo de 2013

Patri e Alex

O pasado xoves os contacontos da editorial Kalandraka, Patri e Alex, visitaron o noso centro para compartir cos nenos e nenas de 4 e 5 anos algunhas das súas historias.

Empezaron coa historia "Os petos de Loreto", e con o seu orixinal abrigo como fío conductor contaron e cantaron "A galiña roxa" e "Gatiño e balón".

Todos, alumnos e mestres, desfrutamos moito da experiencia e esperamos con moitas ganas as novas historias do próximo curso!!




Moitas grazas Patri e Alex!