domingo, 5 de mayo de 2013

Os Maios

Un ano máis, coincidindo co comezo do mes de maio, ten lugar no noso centro a celebración dunha das festas con máis arraigamento do ano, a celebración dos MAIOS
A celebración desta festa comeza coa aportación das familias dos elementos ornamentais (verde, flores, laranxas,...) que van formar parte do maio. Posteriormenmte na realización (véspera do primeiro de maio)  participan  o alumnado, os pais/nais,  o profesorado... 
Catro son os maios elaborados, un por ciclo. Nos días previos os traballos nas diferentes aulas  céntranse na elaboración das cantigas que acompañarán aos maios. Cantigas de maio que teñen unha letra orixinal (traballo do alumnado neste mes adicado á poesía) e a música pode ser orixinal ou adaptada de composicións populares. 
Cando xa está todo rematado, celébrase un desfile no colexio coa interpretación das cantigas e que este ano   tivo como colofón a posta en escea dun baile tradicional na nosa vila,   a DANZA DO BIOUTEIRO, grazas aos ensaios da  mestra xubilada Cristina Sarmiento.  
A festa continúa coa participación,  o 1 de maio,  na vila xunto cou outras asociación e agrupacións na festa organizada polo concello, de gran tradición,  na que este ano o noso centro acadou dous premios, un ao maio e outro á cantiga do TERCEIRO CICLO
Parabéns a tod@s!!!


No hay comentarios: