miércoles, 4 de noviembre de 2026

VI Edición " OS NOSOS CASTELOS". INSTITUTO DE ESTUDIOS GALLEGOS PADRE SARMIENTO. 5º E 6º E. PRIMARIA.

Obradoiros sobre o patrimonio material de Pontedeume 

 Nunha xornada de novembro de 2026, o alumnado de 5º e 6º de educación primaria participou nuns obradoiros organizados polo Instituto GalLego Padre Sarmiento, centrados no coñecemento e na divulgación do patrimonio material do nos vila, Pontedeume. 

 Durante a actividade, o alumnado elaborou un fanzine, unha publicación artesanal e colectiva na que se combinan textos, debuxos, ilustracións, fotografías, recortes e outras creacións para comunicar ideas e compartir coñecementos.

 A través deste traballo, puidemos investigar, reflexionar e expresar o que aprendemos sobre os elementos do patrimonio material que forman parte da historia e da identidade da nosa vila: edificios, monumentos, rúas, pontes, obxectos e outros bens que debemos coñecer, valorar e conservar.

 Tamén nos explicaron o labor que está a desenvolver o Instituto Gallego en relación con Pontedeume e achegáronnos ao traballo de investigación e divulgación que se está a realizar sobre o patrimonio da nosa localidade. Ademais, nesa mesma xornada inaugurábase unha exposición dedicada a esta temática, que permitirá os eumeses e eumesas coñecer mellor a riqueza patrimonial que temos ao noso arredor.

 Foi unha experiencia fantástica e moi enriquecedora. Aprendemos un montón dunha maneira dinámica, creativa e participativa

 Queremos agradecerlles sinceramente a súa visita, o seu tempo e todo o que compartiron connosco.

 Agardamos poder gozar de novas visitas e de máis obradoiros tan interesantes e enriquecedores coma este!


No hay comentarios: