miércoles, 25 de octubre de 2017

Comeza o proxecto ao pé do cole e preto do mar.

O noso proxecto xa zarpou. As mensaxes de Güino semella que motivaron aos nenos a comezar a súa investigación, pescudando en vez de "Alén do mar", aquí, ben pretiño, pois o noso cole está tan pegado ao mar que os días de mareas vivas, cando sube a marea, semella que o mar tamén quere vir á escola.

Ollade premendo nas imaxes o que fixeron os pequenos e os grandes de primaria.






PREPARANDO O SAMAÍN

Novamente chega o TEMPO DE SAMAÍN.

Cando os días son cada vez máis curtos e escurece cedo, é hora de ir na busca dunha cabaza e coa axuda dos adultos tallala para facer unha caveira terrorífica.

Este luns,30 de outubro ,traédea  ao cole:
Cal será a máis espantosa, a máis grande, a máis orixinal, e a máis pequecha?
Sen dúbida teremos unha exposición moi surtida e variada que deixaremos o martes fóra para meterlles medo a todos os que pasen polo peirao.

Pero antes da exposición...:





 E ademais das LECTURAS A ESCURAS na HORA DE LER o alumnado de 5º e 6º está preparando "CONTOS DE  MEDO NO MAR" para o alumnado de Primaria. 

Lembrade tamén visitar a exposición que preparou Güino, seguro que atopades ideas para este Samaín!


Mirade que agasallo nos deixa o gardán da nosa biblioteca!!!




Cantamos co Karaoke???

DÍA DA BIBLIOTECA

Que ben o pasamos onte! 

Os mensaxeir@s de Güino visitaron todas as aulas, carrexando unhas maletas ben grandes e ben cheas de fantasía, aventura, informacións,...








O alumnado colaborador do "Xardín do Pasatempo" achegou ás aulas estas caixas cheas de  contos, poesías, revistas , libros informativos...
Estas maletas pasarán a formar parte das "Bibliotecas Aula"e poderán intercambiarse entre as aulas do ciclo ou nivel.

Mirade aquí que boa acollida tiveron!






Ademais, onte mudou a entrada da nosa "biblio":
Os andeis de novidades enchéronse coa exposición de "CONTOS DE MEDO". Hai libros para todas as idades e sobre bruxas, sobre monstros, sobre o Samaín, outros que tratan dos medos ou da morte.
 Este Güino xa anda liándonos co Samaín!

E continúa a exposición da entrada do "cole" con libros do noso proxecto "Alén do mar".
Canta actividade!














miércoles, 18 de octubre de 2017

Ti tamén contas: Teatro e valores.

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade é unha asociación de carácter municipalista que agrupa a Concellos e Deputacións de toda Galicia, unidos pola preocupación común de levar adiante iniciativas de cooperación e solidariedade con enfoque de Dereitos Humanos cos países menos desenvolvidos ou máis empobrecidos.






Esta asociación achegouse ao nosos cole hoxe co espectáculo  "TI TAMÉN CONTAS"posto en escena pola "TROPA DE TRAPO" que combinou historias contadas con música en directo cun obradoiro participativo.





Tanto o alumnado ( 3º, 4º, 5º e 6º de primaria)  como o profesorado pasaron un bo rato de diversión e reflexión, a partires de tres contos: "O home feliz", "A pelota" e "Tumbe".










                                                                         

 Ao remate dos contos debateuse co alumnado a relación entre a abundancia e a felicidade, o traballo infantil e as súas consecuencias ou a importancia da cooperación e a solidariedade.








E logo o debate continuou nas aulas. Estupenda experiencia!

martes, 17 de octubre de 2017

BOTELLAS CON MENSAXES

Esta mañá Güino contounos a aventura que viviu a remates de verán. Lembrádela?




Aquí a tedes!




Todos vós xa tedes nas aulas as vosas botellas:



















Ollade que chea estivo a biblioteca hoxe. Tod@s esperando pola súa botella!!




 Agora toca descifrar as mensaxes.



Aquí volas deixamos!!





PERGAMEO EDUCACIÓN INFANTIL








PERGAMEO 1º E 2º PRIMARIA
PERGAMEO 3º E 4º PRIMARIA 
PERGAMEO 5º E 6º PRIMARIA



Veña, a pescudar! Todos nós imos axudar a Güino, non?
Xa está esperando as nosas cartas!

Exposición libros "Alén do mar"

Ola rapazada do Couceiro!
Xa sei que estades moi ocupad@s decodificando a mensaxe da botella que atopou Güino na marea. Mais ben sabedes que para investigar non hai nada como un bo libro.




 Hoxe, xa temos na entrada do cole unha selección de libros que teñen que ver co mar, cos peixes, cos barcos e demais historias.














Visitádea na vosa  hora de biblioteca e podedes levar os libros enprestados. Os de tello branco para as clases , os demais para ler nas vosas casas, e coa axuda da familia descubrir as mil e unha aventuras que viaxan por todos os mares.









domingo, 15 de octubre de 2017

Viaxan as Mochilas!

A comezos de outubro, como cada curso, comezan as Mochilas a súa visita ás casas de todos os nenos e nenas do cole.



Os primeiros afortunados baixaron á biblio e Güino lles fixo entrega das mesmas coa axuda das mestras do Equipo da Biblioteca.



O Equipo da Biblioteca, ademais de entregarllas, escolleu os volumes máis variados, novos e axeitados para cada idade: Libros - CD, poesía, produción propia, información,...E un caderno en branco para que enchan cos seus debuxos, opinións e suxestións das familias.




A mochila viaxeira permite á biblioteca escolar o contacto coas familias nunha actividade que pretende a súa colaboración na formación dos lectores e lectoras máis novos. 


Grazas a tod@s!